CADETES. PERLIO, 0 - NUMANCIA, 2.
SEGUIMOS NA BOA LIÑA
Vixésima xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse cun empate a 0 - 0.
Os Pinares, 4 de maio de 2014
FICHA TECNICA
PERLÍO: Rubén, Daniel Souto (Xavier), Alejandro Pico (Martin), Diego Montero, Marco, Alejandro Braojos, Brais, Daniel Antón, Paolo, Bruno (Diego) e Aaron (Alexis).
Adestrador: Oscar Varela Sanmartin.
Delegado: Diego Espada Pena.
NUMANCIA: Antonio (Fernando), Raúl, Emi, Miguel, Piñeiro (Ian), Adrián (David), Pablo Ferro, Fran, Sergio, Antón (Birama) e Luís (Nico).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
COLEXIADO: Daniel Pérez Ferro. Amoestou a Paolo, Daniel e Bruno do Perlio e a Antón do Numancia.
GOLES:
0 – 1: Adrián (min. 51) – Córner botado por Fran na banda esquerda e remate de cabeza de Adrián dentro da área pequena que bate ao porteiro local.
0 – 2: Raul (min. 67) – Saque en largo de David na banda dereita, toca Sergio o balón na área grande e Raul entrando dende atrás marca sen oposición.
COMENTARIO:
Primeira metade con claro dominio aresán onde tiveron o control do partido, ante un Perlio que defendíase con moito orden e so nos creaba certo perigo nalgunhas xogadas a balón parado. En ataque tivemos ata tres claras ocasións de gol a través de Sergio trás unha boa xogada persoal de Raul por banda dereita e Pablo Ferro tivo dous mans a mans contra o porteiro local quen estivo moi acertado, chegándose ao descanso cun empate a 0 - 0.
Na segunda parte, o Numancia seguiu tendo o dominio do xogo, e no minuto 51 conseguía adiantarse no marcador a través de Adrián trás un saque de córner. En defensa os aresáns non pasaban por moitos apuros, xa que o Perlio non tivo ningunha clara ocasión de gol. No minuto 67, Raul marcaba o segundo e definitivo gol tras un saque de banda botada por David. Remate do partido cun resultado final que facía xustiza ó visto no terreo de xogo.
En resumo, bo partido do Numancia ante un rival moi ordeado en defensa. Acabamos a competición de liga á próxima fin de semana en Ares contra o Eume e desexamos que este sexa o camiño a seguir para o que resta de competición. Noraboa rapaces !!!!!!.