CADETES. NUMANCIA, 1 - ANIMAS, 3.

PERDIMOS ANTE O LÍDER

Décimo-novena xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse cun empate a 1 - 1.

 


Prados Vellos, 30 de abril de 2014

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Antonio, Raúl, Pablo Cartelle, Emi, Miguel (Alexis), Adrián (Luís), Pablo Ferro, Fran, Sergio, Anton (David)  e Piñeiro (Lemos).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º entrenador: Fernando Pereiro Rubianes.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

ANIMAS: Joel, Mario, Javier (Ruben), Cristián, Cristofer, Bruno Permuy, Adrián, David (Diego), Jonathan, Omar e Bruno Martinez.

Adestrador: Juan Permuy Barbero.

Delegado: Jesús V. Teijeiro Pita.

COLEXIADO: Jeisson A. Aguado Castaño. Amoestou a David e Omar do Animas e a Pablo Ferro e Emi polo Numancia. Expulsou por dobre amoestación a Ruben do Animas.

GOLES:

1 – 0: Sergio (min. 6) – Centro de Sergio escorado na banda esquerda que o porteiro visitante non e capaz de atallar, botándolle diante o balón e entrando na portería.

1 – 1: Adrián (min. 19) – Falta botada polo Animas, que Antonio non é capaz de blocar o balón, escápalle das mans, e o seu rexeite lle cae ao dianteiro visitante quen marca a pracer.

1 – 2: David (min. 62) – Penalti que só veu o arbitro, transformado polo xogador visitante enganando a Antonio.

1 – 3: Cristofer (min. 78) – Córner botado en banda esquerda e remate de cabeza do xogador visitante no segundo pau e dentro da área pequena que bate ao porteiro aresán.

 



COMENTARIO:

Partido moi igualado onde quizais houbo unha parte para cada equipo. Primeira metade dominada polos aresáns, no que o equipo aresán levaba a iniciativa do xogo, cuns xogadores moi concentrados, presionando ao seu rival e así no minuto 6 conseguiamos adiantarnos no marcador nun erro do porteiro visitante. Os aresáns defendíanse con moito orden e non pasaban por moitos apuros. Logo Sergio dispuxo doutra clara ocasión de gol, pero o seu disparo floxo parouno o porteiro do Animas. Nun erro de Antonio, o Animas conseguía o empate no minuto 19. Os aresáns tiveron outra clara ocasión de gol, nun cabezazo na saída dun córner de Pablo Cartelle. Chegándose ao descanso cun empate a 1 - 1, resultado inxusto a tenor do visto nesta metade.

Na segunda parte, o Animas, tivo o control do partido, e foron superiores a nós. Os aresáns so crearon perigo nos balóns parados, tanto nas faltas, como nos córner. No minuto 62, o árbitro pita un penalti que só veu él, e o Animas non desaproveita o regalo, marcando o seu segundo gol. O Numancia estaba atascado ante un bo Animas que tivo dúas claras ocasión de gol, nun libre indirecto dentro da área que para moi atento Antonio e nun balón ao pau tras un bo disparo do seu dianteiro.Nos últimos minutos, o Numancia tivo superioridade numérica tras a expulsión dun xogador visitante, pero aínda así, non creamos ningunha clara ocasión de gol. Xa ao final, no minuto 78, o Animas sentenciou o partido, trás un bo cabezazo nun saque de esquina.

En resumo, malia a derrota bo partido dos aresáns, ante o líder da categoría, sobre todo na primeira metade. No segundo tempo, os visitantes foron mellores e por iso leváronse a vitoria final.

Mala imaxe do árbitro que tomou algunhas decisións erróneas (como o penalti que se inventou) e que non deixou contento a ninguén.

Noraboa rapaces, polo esforzo realizado.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.