CADETES. G. CARANZA "B", 0 - NUMANCIA, 2.

BO PARTIDO DO NUMANCIA

Décimo-oitava xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse con empate a 0 - 0.

 



Municipal de Caranza, 26 de abril de 2014

FICHA TECNICA:

GALICIA DE CARANZA “B”: Bruno (Diego), Antonio, Angel, Daniel Cride, Ruben (Javier López), Carlos Gonzalez, Oscar (Álvaro), Daniel López, Pablo, Javier Luaces (Edgar) e Hugo (Diego).

Adestrador: Rogelio Rey Abad.

Delegado: David Pérez Fernández.

NUMANCIA: Antonio, Emi, Oscar (Ian), Miguel, Pablo Cartelle, Adrián (Piñeiro), Pablo Ferro, Fran, Sergio (Birama), Antón (Nico) e Raúl (David).
 
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Miguel A. Piñón López. Amoestou a Antonio e Daniel polo Galicia de Caranza “B” e a Nico polo Numancia. Expulsou ao rematar o partido a Pablo Cartelle do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Sergio (min. 41) – Pase de Pablo Cartelle a Sergio quen nun man a man contra o porteiro local ó bate na súa saída.

0 – 2: Pablo Cartelle (min. 64) – Córner por banda dereita e tras varios rexeites quédalle o balón a Pablo quen marca sen oposición.

COMENTARIO:

Primeira metade con claro dominio aresán onde tiveron o control do partido, ante un Galicia que defendíase con moito orden e so nos creaba certo perigo nalgunhas xogadas a balón parado. En ataque tivemos dúas claras ocasións de gol en sendos remates de cabeza de P. Cartelle e Sergio, chegándose ao descanso cun empate a 0 - 0.

Na segunda parte, o Numancia seguiu tendo o dominio do xogo, e no minuto 41 conseguía adiantarse no marcador por medio de Sergio. No minuto 51, Piñeiro cun gran disparo mandaba o balón ao pau. En defensa os aresáns non pasaban por moios apuros. No minuto 64, os aresáns marcaban un segundo e definitivo gol tras un córner rematado por Pablo Cartelle. Remate do partido cun resultado final que facía xustiza ó visto no terreo de xogo.

En resumo, moi bo partido do Numancia ante un rival que esta temporada xa nos había gañado en dúas ocasións, en copa e no partido de liga en Ares. Desexamos que este sexa o camiño a seguir para os vindeiros partidos de liga. Noraboa rapaces !!!!!!.

Tamén desexamos unha pronta recuperación do noso capitán Oscar que tivo que abandonar o partido lesionado.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.