CADETES. NUMANCIA, 1 - CEDEIRA, 2.

RESULTADO INXUSTO

Décimo-séptima xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria dos aresáns por 1 - 0.

 



Prados Vellos, 12 de abril de 2014.

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Álvaro, Nico (David), Oscar, Miguel, Pablo Cartelle, Adrián (Ian), Pablo Ferro, Fran, Sergio, Antón (Alexis) e Raúl (Lemos).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

CEDEIRA: Rubén, Martín (Diego), Antón, Adrián, Brais, Francisco, Jesús (Julen), Miguel, Antonio (Helios), Daniel (Angel) e Iago.

Adestrador: Alejandro Montero Cotelo.

Delegado: Vicente Amor Pousada.

COLEXIADO: Brais Ferreiro Verez. Amoestou a Iago e Miguel do Cedeira e a  Adrián, Nico, Oscar e Ian do Numancia.

GOLES:

1 – 0: Sergio (min. 26) – Xogada persoal por banda esquerda de Pablo, quen chega á liña de fondo, centra á área pequena e marca Sergio sen oposición.

1 – 1: Adrián (min. 55) – Córner por banda esquerda e marca de cabeza o xogador visitante.

1 – 2: Antón (min. 66) – Balón ás costas da defensa numantina, recorte do xogador visitante a Pablo Cartelle e gol cun tiro cruzado que entra pegado ao pau.

 

 



COMENTARIO:

Primeira metade onde a iniciativa do xogo a levou o equipo local. No minuto 2 o Cedeira, trás a saída dun córner manda o balón ao longueiro, e na seguinte xogada Sergio dispuxo dun man a man contra o porteiro cedeirés, quen parou o seu disparo. Os aresáns defendíanse con moito orden e minutos mais tarde dispuxeron de outra clara ocasión de gol, a través de Sergio, que tampocou estivo atinado. A terceira foi a vencida, e nesta ocasión, sí marcaba Sergio no minuto 26, trás unha moi boa xogada persoal por banda de Pablo Ferro. Despois Raúl nun contragolpe, dispuxo doutra clara ocasión de gol cun disparo que se marchou fora. Mágoa das ocasións desperdiciadas polos locais. O Cedeira só a balón parado creaba certo perigo de gol na portería local, chegándose ao descanso cunha vitoria inxusta de tan só 1 - 0.

Na segunda parte, seguiu igual que na primeira, cun Numancia que non pasaba por moitos apuros, ata que no minuto 55, nun córner mal defendido pola defensa aresana, conseguía o Cedeira empatar o partido. Logo, o Cedeira marcaba un segundo e definitivo gol nun contragolpe que define Antón. De aquí ata o final, foi un querer e non poder. O Cedeira encerrouse atrás e os aresáns non conseguían crear perigo na portería visitante.

En resumo, partido cun resultado inxusto sobre todo na primeira metade onde decidiron dúas xogadas ailladas do Cedeira. Esperamos e desexamos que os rapaces teñan mais sorte cara a gol, xa que fallamos moitas e claras ocasións.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.