CADETES. MEIRAS, 4 - NUMANCIA, 2.

MALA 2ª PARTE DOS ARESÁNS

Duodécima xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos locais. Ao descanso chegouse cun empate a 2 - 2.

 


Misael Prieto (Meirás), 8 de marzo de 2014

FICHA TECNICA:

MEIRÁS: Kevin, José Manuel (Raúl Nieto), Miguel Ausin, Oscar, Samuel, Santiago, Miguel Pena (Raúl Montero), Iago, Alejandro, Pablo e Daniel (Diego).

Adestrador: Jorge A. López Piñón.

Delegado: Manuel A. López Carro.

NUMANCIA: Fernando, David (Alexis), Oscar, Pablo Cartelle, Pablo Ferro, Miguel (Ian), Emi, Fran, Sergio (Nico), Antón e Raúl (Birama).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Daniel Pérez Ferro. Amoestou a Santiago, Miguel Pena, Oscar e expulsou por dobre amarela a Alejandro do Meirás. Polo Numancia amoestou a Oscar e expulsou por dobre amarela a Pablo Cartelle.

GOLES:

1 – 0: Alejandro (min. 19) – Córner botado polo Meirás por banda dereita e remate sen oposición do dianteiro local dentro da área pequena.

1 – 1: Antón (min. 25) – Falta botada por Fran e Antón moi atento adiantase á saída do porteiro local e marca.

1 – 2: Miguel (min. 33) – Saque de banda dos aresáns e trás varios rexeites dentro da área pequena, Miguel mete a punta da bota e marca.

2 – 2: Alejandro (min. 34) – Balón colgado á banda dereita do Meirás que recolle Miguel Pena regatea a Emi, da o pase da morte, e o dianteiro local marca a pracer.

3 – 2: Alejandro (min. 42) – Xogada persoal de Miguel Pena por banda esquerda que regatea a Emi, da o pase da morte e non falla o dianteiro local Alejandro.

4 – 2: Alejandro (min. 54) – Contragolpe dos locais, pase ás costas da defensa e Alejandro moi rápido bate a Fernando no man a man.

COMENTARIO:Instante partido de cadetes Numancia - Meirás en Prados Vellos (07/12/2013)

Primeira parte moi igualada onde os dous equipos saíron con moitas precaucións defensivas, e ningún deles levaba a iniciativa do xogo. Os aresáns moi concentrados, presionando ao seu rival, pero sen ter claras ocasións de gol. No minuto 19, na saída dun córner o Meirás adiantábase no marcador. A partir de aquí, o Numancia reaccionou e foron os mellores minutos do partido. De feito nos minutos 25 e 33, conseguimos darlle a volta ao marcador, pero pouco nos durou a alegría, xa que no minuto seguinte, nunha gran xogada de Miguel ante a pasividade defensiva dos nosos xogadores o Meirás empatou o partido. Chegándose ao descanso cun empate a 2 - 2,  resultado inxusto a tenor do visto nesta metade, xa que nos últimos 20 minutos fomos superiores ao equipo local.

Na segunda parte, todo cambiou, o Meirás saíu moi enchufado, empezando a ter o dominio do xogo, e así chegaron as ocasións de gol para os locais, marcando dous goles nos minutos 42 e 54 que sentenciaron o encontro. Os aresáns empezaron a sufrir xa que non tiñan o control do partido e tampouco tiveron moitas ocasións de gol e só a balón parado inquedaban á portería dos visitantes. O Numancia empezaba a perder forza a medida que pasaban os minutos e non houbo tempo para mais nada, polo que non se moveu o resultado.

En resumo, partido moi intenso e igualado na primeira metade, e pésima segunda metade dos aresáns onde decidiu a maior pegada dos locais. A pesar da derrota, noráboa rapaces, polo esforzo realizado ante un gran rival, no que nos enfrontaremos na final da copa cadete a celebrar a finais do vindeiro mes de maio.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.