CADETES. EUME, 3 - NUMANCIA, 2.
OS ERROS DEFENSIVOS CONDENAN AO NUMANCIA
Décima xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria do Eume. Ao descanso chegouse cun empate a 1-1.
A Gándara (Pontedeume), 22 de febreiro de 2014
FICHA TECNICA:
EUME: Juan (Jaime), Miguel Veiga (Pedro), Miguel Allegue, José Rodríguez, Sergio, Paulino, Jose Castro, Pablo, Iván (Camilo), Daniel e Alejandro (Borja).
Adestrador: Juan A. Rodríguez Sanjose.
Delegado: Manuel Allegue Piñeiro.
NUMANCIA: Antonio (Fernando), Emilio, Oscar, Pablo Ferro, Miguel (Nico), Raúl, Fran, Sergio, Antón (Luís), Piñeiro (Adrián) (David) e Pablo Cartelle.
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
COLEXIADO: Roberto Díaz Cruz. Amoestou a Adrián do Numancia.
GOLES:
1 – 0: José Castro (min. 8) – Xogada individual do xogador eumés quen regatea a Oscar e bate a Antonio cun gran disparo que entra pola escadra.
1 – 1: Sergio (min. 34) – Balón á espalda da defensa botado por Pablo Ferro que recolle Sergio e bate ao porteiro local na súa saída.
2 – 1: Daniel (min. 45) – Córner botado por banda esquerda e gol de cabeza dende o punto de penalti.
3 – 1: José Castro (min. 53) – Indecisión da defensa e o porteiro visitante na súa saída e José moi atento marca cunha vaselina.
3 – 2: Pablo Ferro (min. 68) – Pase en profundidade de Raúl a Pablo Cartelle quen dispara, detén o porteiro local, pero o seu rexeite o colle Pablo Ferro, quen marca sen oposición.
COMENTARIO:
Partido moi igualado onde decidiu a maior pegada dos locais. Primeira metade no que saíron os dous equipos con moitas precaucións defensivas. A primeira ocasión de gol foi para os aresáns no minuto 7, unha magoa, no que o porteiro local fixo unha gran parada a Pablo Cartelle. E as cousas do fútbol, na seguinte xogada o Eume conseguía adiantarse no marcador cun golazo, nunha gran xogada persoal de José Castro. A raíz do gol o Numancia tivo un pouco mais o control do partido e no minuto 34, conseguiamos empatar o partido, chegándose ao descanso cun empate a 1 - 1, resultado xusto a tenor do visto nesta metade.
Na segunda parte, o Eume saíu moito mais concentrado, presionando e marcando aos 5 minutos, o seu segundo gol na saída dun córner. Os aresáns non reaccionaban e os eumeses remataron o partido cun terceiro gol nunha indecisión entre a defensa e o porteiro. Logo os aresáns empezaron a chegar con máis perigo á area eumesa e marcaron un segundo gol que poñía mais emoción ao partido. Pero non puido ser, os locais defendéronse con moita orde e practicamente non tivemos ningunha clara ocasión de gol.
En resumo, partido moi intenso e igualado onde decidiu o maior acerto cara a gol dos locais. Na próxima xornada descansamos e trataremos de recuperar a algún dos lesionados cara a segunda volta. Acabamos a primeira volta con 12 puntos, en 10 partidos, 4 vitorias e 6 derrotas. Esperamos e desexamos que na segunda volta melloremos o noso nivel de xogo e con iso teñamos mellores resultados.