CADETES. NUMANCIA, 1 - PERLIO, 4.

DESASTROSOS ÚLTIMOS MINUTOS DA 2ª METADE.

Novena xornada correspondente á Liga local Cadete grupo Nº 4 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse cun empate a 1 - 1.

 


 

Prados Vellos, 15 de febreiro de 2014

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Antonio, David (Birama), Oscar, Emi, Raúl (Ian), Pablo Cartelle, Antón, Fran, Sergio, Adrián (Miguel) e Pablo Ferro.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

PERLÍO: Rubén, Daniel Antón, Alejandro Pico, Diego Montero, Marco, Diego Yáñez, Brais (Martín), Alejandro Braojos, Paolo, Bruno (Daniel Souto) e Aaron.

Adestrador: Oscar Varela Sanmartin.

Delegado: Diego Espada Pena.

COLEXIADO: Daniel Calderón Pérez. Amoestou a Ian, Oscar e Antón do Numancia.

GOLES:

1 – 0: Pablo Cartelle (min. 14) – Balón recuperado pola dianteira do Numancia que recolle Pablo Cartelle quen marca cun forte disparo dende o borde da área.

1 – 1: Paolo (min. 38) – Indecisión na saída do porteiro local que propicia que un xogador visitante chegue á liña de fondo dentro da área pequena, da o pase da morte ao segundo pau e Paolo marca sen oposición.

1 – 2: Alejandro Braojos (min. 72) – Penalti dos aresáns por agarrar a un contrario dentro da área que marca Alejandro.Cadetes: Perlio - Numancia (01/12/2012)

1 – 3: Alejandro Braojos (min. 74) – Falta directa dende uns 40 metros, sen aparente perigo, onde o balón lle bota diante o porteiro local e se cola para dentro.

1 – 4: Paolo (min. 78) – Fallo defensivo á hora de protexer un balón, que aproveita moi listo o dianteiro do Perlío para bater a Antonio cun forte disparo.

COMENTARIO:

Primeira metade con moita igualdade onde tanto o Numancia coma o Perlio non tiveron moitas ocasións de gol. Nun balón recuperado pola nosa dianteira conseguíamos adiantarnos no minuto 14 no marcador. Aínda que nos tivemos o control da pelota, non conseguíamos que circulara con rapidez. Os aresáns non pasaban por moitos apuros, pero cando remataba a primeira metade (minuto 38) nunha indecisión de Antonio os visitantes conseguían empatar o partido. E incrible que nos metan gol no primeiro disparo a portería. Ao descanso chegouse cun empate a 1 - 1.

Na segunda parte, o Numancia saíu igual, non tendo moitas ocasións de gol pero controlando o tempo do partido. Os aresáns non pasaban por moitos apuros en defensa, sufrindo un pouco co paso dos minutos. E chegaron os desastrosos últimos 10 minutos do encontro. No minuto 70, Antonio para un penalti ao dianteiro visitante pero na seguinte xogada o Perlio conseguía adiantarse no marcador a través doutro penalti, que desta vez non marraron. Os locais non reaccionaron e os visitantes, crecidos, marcaron 2 goles máis, finalizando o encontro cun claro 1 - 4, a favor dos visitantes.

En resumo, mal partido dos aresáns, sobre todo na segunda metade, ante un Perlío moi ordeado que defendeuse moi ben e no que decidiron os últimos 10 minutos do encontro.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.