CADETES. ÁNIMAS, 0 - NUMANCIA, 1

CAEU O LÍDER
Oitava xornada correspondente á Liga local Cadete grupo 4 que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria aresá por 0-1.

 

 

A Gándara, 8 de febreiro de 2014


ALIÑACIÓNS:

ANIMAS: Bruno Delgado (Unai), Mario, Cristián, Ruben, Diego, Cristofer, Bruno Permuy, David, Jonathan (Jesús), Omar e Santiago (Miguel).

Adestrador: Juan Permuy Barbero
Delegado : Jesus V. Teijeiro Pita

NUMANCIA: Fernando, Pablo Cartelle, Oscar, Emi, Pablo Ferro, Miguel (Nico, min.69), Antón (Raúl , min 65), Fran, Sergio (Luís, min 67), Adrián e Piñeiro (David, min 60).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero
Delegado : Javier Aneiros Martínez

COLEXIADO: Jose A. Rodriguez Dopico. Amoestou a Jesús e David do Animas.

GOLES:

0 – 1: Antón (min. 20) – Córner botado por Fran en banda dereita e gran testarazo de Antón dentro da área pequena que bate ao porteiro local.

COMENTARIO:

     Partido moi igualado onde quizais que houbo unha parte para cada equipo. Primeira metade dominada polos aresáns, no que o equipo aresán levaba a iniciativa do xogo, cuns xogadores moi concentrados, presionando ao seu rival e así no minuto 16 tivemos que clara ocasión de gol cun disparo de Fran que saca un defensa a córner. No minuto 20 conseguiamos adiantarnos no marcador cun gran remate de cabeza de Antón a centro de Fran. Instante partido Animas-Numancia

Os aresáns defendíanse con moito orden e non pasaban por moitos apuros. O Animas so tivo una clara ocasión de gol, cun disparo de Cristofer que marchou fora, chegándose ao descanso coa vitoria aresán por 0-1, resultado xusto a tenor do visto nesta metade.

       Na segunda parte, o Animas, tivo máis o control do partido, sobre todo, nos últimos 15 minutos. Os locais so crearon perigo nos balóns parados, tanto nas faltas, como nos córner. Pero o Numancia tivo as ocasións máis claras que os locais a través de sendos disparos de Pablo e Adrián.  Nos últimos minutos , o Numancia parecía que empezaba a perder forza, pero aguantaron a acoso dos rivais, cun gran Fernando na parte final do partido e o resultado non se moveu.
         
        En resumo, partido moi intenso e igualado ante un gran rival ( ata agora ia líder invicto no grupo) onde houbo poucas ocasións de gol e decidiu o gol de Antón. Noraboa rapaces, este si que é o equipo que desexamos ver todos os fines de semana. Con traballo, esforzo e calidade é a maneira de obter bos resultados. Agora visítanos a Perlio e esperemos que vexamos ao Numancia que vimos neste partido.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.