CADETES. NUMANCIA, 4 - MANIÑOS, 0.

SEGUIMOS SUMANDO PUNTOS

Terceira xornada correspondente á Liga local Cadete grupo No.4 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 - 0.

 



Prados Vellos, 21 de decembro de 2013

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Antonio, Emi, Oscar, Nico (Adrián), David (Alexis), Pablo Cartelle, Raúl (Lemos), Fran, Antón (Luís), Miguel e Carlos (Pablo Ferro).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

MANIÑOS: Andrés (Samuel), Borja (David), Diego (Mario), Agustín, Adrián Barreiro, Adrián Alonso, Raúl (Jesús), Daniel Fernández, Daniel Galdo, Geoffrey e Alberto.

Adestrador: Carlos Cotón Castromil.

Delegado: Jesús Rivera Piñeiro.

COLEXIADO: Juan J. Espiñeira Vara. Amoestou a Adrián Barreiro e Adrián Alonso polo Maniños e a Adrián polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: Raúl (min. 21) – Xogada por banda dereita, pase de Emi a Pablo Cartelle, quen tira a portería, e Raúl entrando ao segundo pau marca a pracer sen oposición.

2 – 0: Pablo Cartelle (min. 25) – Boa triangulación entre Emi, Carlos e Pablo Cartelle quen marca ante a saída do porteiro visitante.

3 – 0: Pablo Cartelle (min. 44) – Centro de Emi por banda dereita e remate de cabeza no primer pau de Pablo Cartelle.

4 – 0: Fran (min. 72) – Gran disparo de Fran dende fora da área que entra pegado ao pau.

COMENTARIO:

Partido con claro dominio local, onde os aresáns tiveron o control do xogo. O equipo visitante saíu con moitas precaucións defensivas e só con algunha falta ou córner inquietaban á porteira local. No minuto 12 os aresáns dispuxeron dun penalti, parado polo porteiro visitante, pero nos minutos 21 e 25 os locais conseguían adiantarse no marcador con sendos goles. No minuto 37, o Maniños dispuxo dun penalti parado por Antonio, chegándose ao descanso cun marcador de 2 - 0.

Na segunda metade todo seguiu igual, cos aresáns tendo o dominio do xogo e os visitantes defendéndose ante as acometidas dos locais. Nos minutos 44 e 72 o Numancia aumentou a súa vantaxe con dous goles mais, e aínda que dispuxo dalgunha clara ocasión de gol, o marcador non se moveu, rematando o partido por 4 - 0.

En resumo, moi bo partido do Numancia cun resultado que di as claras do gran nivel de xogo dos aresáns. Agora temos que disputar o venres 27 de decembro, as 16:30 h na Gándara, contra o Animas, un dos mellores equipos da Liga, unha das semifinais do Trofeo Coca Cola. A outra semifinal a xogarán a mesma hora o Meirás e o Cedeira.

Noraboa rapaces, a seguir así !!!!!

O próximo venres, 27 de decembro, as 16:30 h, toda a Marea Vermella esta citada nas instalacións de A Gándara (Ferrol).

 

 

Equipo Cadetes do Numancia de Ares. Temporada 2013-2014.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.