CADETES. I TROFEO VILA DE ARES, NUMANCIA, 0 - G. MUGARDOS, 0 (2 - 3 PP)
HOUBO QUE RECURRIR A TANDA DE PENALTIS.
Partido correspondente o I Trofeo Vila de Ares en categoría cadete disputado na tarde do venres en Prados Vellos entre os equipos do Numancia e o Galicia de Mugardos.
Ares, 31 de agosto de 2013.
Na tarde de onte disputábase en Prados Vellos un partido de máxima rivalidade que levou un bo número de espectadores ás bancadas. Estivo presente o concelleiro de deportes aresán, José Juán Vilar Rico, quen á finalización do encontro entregou os correspondentes trofeos.
Neste partido non puidemos gozar dos goles, acabando o partido con empate a cero, e ambos conxuntos deixaron claro que os seus adestradores teñen moito traballo por diante. Moita loita e moito ímpeto pero moi poucas combinacións e case ningún disparo entre os tres paus.
De todos xeitos, os adestradores aproveitan este partido para darlles minutos a todos os xogadores, probando e ensaiando todas as posibilidades que podem.
Nos penaltis parecía que tampouco ía entrar o balón, pois os porteiros atallaron os dous primeiros lanzamentos. Ao final, os visitantes conseguiron marcar os seus tres últimos lanzamentos, mentres que os aresáns erraron no seu último penalti, botando o balón fóra.
Finalmente o Galicia de Mugardos facíase co I Trofeo Vila de Ares.