CADETES: PRESENTACIÓN

ESFORZO, COMPROMISO, GRUPO, …

Prados Vellos foi o escenario da presentación oficial do plantel da categoría cadete do Numancia para a temporada 2013-14. Coa presenza da directiva e o corpo técnico, os xogadores recibiron...
 
Ares, 22 de agosto de 2013
 
... onte pola tarde, á finalización do adestramento, unha breve charla na que os animaron a facer grupo, a practicar unha actitude seria e de compromiso, cumprindo coa asistencia aos adestramentos, sen esquecer a dedicación prioritaria aos estudos. Tamén foron invitados a sacrificarse e esforzarse, entregándose a tope nos adestramentos para conseguir unha mellora física e deportiva, claro obxectivo tanto individual coma colectivo neste deporte que é o fútbol.
Dani Iglesias e Fernando Pereiro formarán o tándem técnico nesta ilusionante temporada. Manexarán un grupo de rapaces que están con moitas gañas e que estamos seguros que responderán satisfactoriamente ás expectativas creadas. Xunto aos adestradores, Javier Aneiros exercerá as funcións de delegado, dándolles todo o apoio que necesiten. 
Desde a directiva do Numancia, só podemos manifestar a nosa satisfacción por ter completado un cadro moi interesante nesta categoría desde os xogadores e técnicos ata o delegado. Poderemos gañar e perder partidos, pero si estamos seguros do traballo e dedicación de todos eles. 
Esta primeira semana de adestramentos rematará co primeiro partido amigable, o venres 23 ás 18.30 h da tarde en Prados Vellos. O rival será o Maniños.
A vindeira semana adestrarán o luns e o mércores ás 19.00 h. e o venres, 30 de agosto disputarán o trofeo “Vila de Ares” nun partido no que se enfrontarán ao G. Mugardos.
 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.