Cadetes: Eume, 7 - Numancia, 0
José Manuel: "Un bo rival que foi moi superior a nós na segunda metade."
Derrota por 7 a 0 do equipo cadete do Numancia na súa visita ó campo da Gándara en Pontedeume. No descanso o resultado era de 1 a 0 para os locais. Salientar a reaparición de José Manuel quen nos comentou o encontro.
A Gándara. Pontedeume a 20 de abril de 2013.
Aliñacións:
Eume: Juan (Marcos), Borja, Miguel (Javier), Jesús, Francisco (C), José Manuel (Jorge), Camilo, Daniel, Pedro (Raúl), Pablo, Alex Feal (Alex Gutiérrez).
Adestrador: Alejandron González Domínguez.
Delegado: Ramón Manuel Penedo Leira.
Numancia: Roberto (Antonio), Emi, Óscar, David, Rolo, Miguelín (Ian), Nico (Lemos), Fran (C), Sergio Rico, Carlos, José Manuel (Rañales).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero
2º Adestrador: Roberto Carlos Oliveira Sánchez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Árbitro: D. Daniel Barrera Lourido, amosou cartón amarelo a Camilo do Eume.
Goles: Camilo (2), Borja, Francisco, Daniel, Raúl e Javier
1-0 ( 7') Borja. Centro dende a dereita en medio campo á área visitante, o balón bota e sorprende a defensa e porteiro.
2-0 (53') Camilo. Falta dende a esquerda do ataque do Eume que remata de cabeza Camilo dende a área pequena preto do segundo pau.
3-0 (66') Javier. Disparo de lonxe que entra pola escadra da meta visitante.
4-0 (71') Raúl. Centro dende a esquerda que remata chegando dende atrás Raúl.
5-0 (77') Camilo. Penalti executado por Camilo a súa dereita que rexeita Antonio. O balón morto na área pequena enviao Camilo ó fondo da rede.
6-0 (78') Daniel. Xogada elaborada do Eume tras roubar o balón no saque de centro que finaliza cun disparo cruzado de Daniel.
7-0 (79') Francisco. Novo roubo de balón do Eume tras o saque de centro do Numancia, internada por banda dereita e centro á área para que Francisco finalice a xogada deixando o resultado definitivo.
A CLAVE: