CADETES: G. CARANZA, 5 - NUMANCIA, 0

 MARCELO: “Foi un dos partidos máis intensos desta temporada”

O líder non deu opcións ao Numancia, amosando a súa superioridade co control do partido desde o primeiro minuto.

Ares, 22 de marzo de 2013.
 
Partido corresponde á décimo quinta xornada de liga do 4º grupo ferrolán, categoría cadete, disputado no campo de Caranza.
 
ALIÑACIÓNS:
 
NUMANCIA: Antonio (Roberto), Emi, Óscar, David, Raúl (Julián); Alberto (Sergio), Fran, Brais (Miguel), Nóvoa (Nico), Carlos e Marcelo.
 
Adestrador: Daniel Iglesias.
Delegado: Manuel Nóvoa.
 
G. CARANZA: Carlos; Daniel, Abraham (Carlos), Borja Alvariño (Adrián), Borja Freire, Javi, Isma (Pablo), Ismael Graña, Diego (Javier Miragaya), Aarón e Aitor. 
 
Adestrador: Fr. José Mahía
Delegado: José Luís Gómez Covelo
 
ÁRBITRO: Daniel Barrera. Amoestou a Óscar (Numancia)
 
GOLES:
1 – 0 (m.16): Javi
2 – 0 (m 31): Ismael Graña
3 – 0 (m.53): Aitor.
4 – 0 (m.54): Aitor.
5 – 0 (m.73): Aitor.
 
COMENTARIOS DE MARCELO:
 
A XOGADA DO PARTIDO: Na miña opinión non houbo ningunha xogada que determinara o partido xa que os goles chegaron cos erros nas xogadas a balón parado ou en carreira nun man a man.MARCELO, centrocampista equipo cadetes do Numancia.
 
CLAVE: A lesión de Berto foi importante xa que a partir de aí o mediocampo perdeu confianza e os centrocampistas do Caranza encontraron o seu xogo combinando entre eles e creando máis espazos para os segundos pases. O equipo amosouse con menos claridade á hora de tomar decisións e apoiándose menos uns cos outros. Tamén influíu o árbitro pero estes sempre se equivocan nalgunha xogada e non foi a causa principal da derrota nin moito menos.
 
ACTUACIÓN PERSOAL: Na primeira metade colaborei nas tarefas tanto ofensivas como defensivas maioritariamente, pero non entrei moito en xogo coma noutros partidos e case non cheguei arriba coma noutras veces polo que penso que sempre se pode mellorar, tamén é certo que foi un dos partidos máis intensos desta temporada e no que o físico se fixo notar, acabei derrotado e colaborando pouco nas tarefas defensivas no final do encontro polo que chegaban pola miña banda en moitas ocasións.
 
O EQUIPO: O equipo estivo loitando, correndo  e apoiándose en conxunto xa antes do partido polo que sempre e unha motivación que axuda a enfrontar estes duelos con máis emoción. Dende o comezo se planificou bastante ben o encontro polo que na miña opinión enfrontámonos cara a cara co Caranza ata que o físico comezou a aparecer e o xogo do rival puido con nós. Aínda así na miña opinión foi unha boa actuación e os erros coma vén sendo habitual son as xogadas a balón parado e as indecisións no momento de dar un pase ou tirar.
 
O RIVAL: O rival era o primeiro clasificado da liga e o campión da copa, é un equipo con ideas claras e un estilo de xogo de equipo, de toque,  moi desenvolto, e que sempre realiza algunha xogada táctica a balón parado . A defensa sempre é clave neste equipo xa que son os que inician as xogadas e cuns laterais rápidos que soben pola banda para centrar e que non o pensan dúas veces para facelo. Aparte están os xogadores que  son todos bastante bos e cos reforzos que veñen doutros equipos continuamente para melloralo coma Aitor que chegou do Rácing de División de Honor e que nos marcou tres goles.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.