Cadetes: Numancia, 2 - Perlío, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Numancia - PerlíoROLO: "FALTARON MELLORES XOGADAS EN ATAQUE"

Derrota do equipo de cadetes frente ó Perlío por 2 a 3 en partido disputado na mañá do sábado en Prados Vellos. Ó descanso chegouse con ventaxe local de 1 a 0.

 Prados Vellos (Ares) 2 de marzo de 2013.

Aliñacións:

 

Numancia: Roberto (Antonio), Emi (Nico), Óscar, David, Rolo (Rañales), Fran, Miguelín (Sergio Rico), Carlos, Brais (Julián), Alberto e Marcelo.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero
2º Adestrador: Roberto Carlos Oliveira Sánchez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Perlío:Alex Pico (Daniel Pena), Paolo (Aarón Rodríguez), Diego Montero, Daniel Lago (Miguel), Marcos (Aarón Rodeiro), Diego Rodríguez, Manuel, Diego Calvo, Adrián, Elias (Diego Porta) e Alex Braojos.

Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García
Adestrador:---
Delegado: Miguel Ángel Lamas Diz

Árbitro: D. Daniel Barrera Lourido amosou cartóns amarelos a Manuel e Daniel Lago do Perlío.

Goles: Aarón Rodeiro, Diego Rodríguez e David (p.p.) para o Perlío. Brais e Alberto para o Numancia.

1-0 (31') Brais: Entrada por banda dereita dende medio campo de Marcelo que pasa a Alberto no pico da área. Alberto intérnase ata a liña de fondo e asiste a Brais para que anote sen oposición o primeiro tanto.
1-1 (52') Aarón Rodeiro: Balón ás costas da defensa pola zona central que recolle Aarón Rodeiro no borde da área  adiantandose ó meta local e anota o tanto cruzando o balón ante a saída de Antonio.
1-2 (58') Diego Rodríguez: Entrada por banda dereita con centro a área que remata Diego Rodríguez no primeiro pau desviando o balón cara ó segundo e anotando o tanto que adiantaba ós visitantes.
2-2 (75') Alberto: Balón que gaña Alberto en carreira entrando pola esquerda e finaliza cruzando ante a saída do meta visitante.
2-3 (79') David (p.p.): Xogada desafortunada dos locais. A saída dun saque de esquiña non chega a despexar Antonio e o balón caelle a David que non pode despexar anotando en propia porta.

COMENTARIOS DE ROLO:

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. RoloA XOGADA DO PARTIDO: Eu penso que non houbo ningunha xogada moi destacable, pero quizás a xogada do primeiro gol cando Alberto leva o balón pola banda e dá un pase  atrás que Brais consegue empurrar.
 
CLAVE. O árbitro podía facelo mellor, aínda que non foi por iso polo que perdemos.
 
ACTUACIÓN PERSOAL. É posible que na primeira parte, polo menos estivese algo máis centrado que na segunda, que estaba totalmente noutro mundo.
 
O EQUIPO. Na primeira parte estivemos ben en defensa pero nos faltaron mellores xogadas en ataque, e na segunda estivemos mal nas dúas facetas.
 
O RIVAL. Tiñan algún que outro bo xogador, pero en xeral non son nada doutro mundo, eu creo que nós tiñamos mellores xogadores, pero non fixemos un bo partido e leváronse a vitoria.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.