CADETES. G. MUGARDOS, 4 - NUMANCIA, 2

MIGUELÍN: “Parecía que estabamos durmidos”

As manifestacións de Miguelín recollen moi acertadamente a causa da derrota na Pedreira.
 
 
Ares, 17 de febreiro de 2013
 
Décima xornada de liga do grupo cuarto ferrolán disputada o venres, 15 de febreiro, no campo de herba artificial da Pedreira.
 
ALIÑACIÓNS:
G. MUGARDOS: Alejandro; Gabriel, Jesús, Mario, Otero, Antón, Javier (Bruno), Josiño, Jorge, Pablo(Antonio) e Fernández (Feal). 
Adestrador: Jesús Sixto.
Delegado: Manuel Jesús Amado
 
NUMANCIA: Fernando, Emi, Óscar, David (Julián), Raúl (Nico), Miguelín (Ían), Nóvoa (Sergio), Fran, Ángel, Carlos e Marcelo.
Adestrador: Daniel Iglesias.
Delegado: Manolo Nóvoa.
 
ÁRBITRO: Miguel Piñón López. Amoestou con cartón amarela a Javier, Jorge e Feal do Mugardos e a Ángel do Numancia.
 
GOLES:
0 – 1 (8´): Ángel recolle un rexeite dentro da área e adianta ao Numancia.
1 – 1 (12´): Intérnase Josiño na área e de disparo cruzado empata o partido.
2 – 1 (35´): Córner sobre a portería do Numancia e remate de Otero despois de varios rebotes.
2 – 2 (44´): Marcelo, en velocidade, bate ao porteiro local cun tiro raso.
3 – 2 (56´): Outro córner e máis rebotes que finalizan nun remate de Javier, adiantando no marcador ao Mugardos.
4 – 2 (72´): Disparo cruzado de Pablo.

COMENTARIOS DE …. MIGUELÍN.
Iniciamos unha nova sección dentro das crónicas dos partidos, incorporando os comentarios dun xogador do Numancia. Nesta ocasión foi Miguelín o rapaz ao que lle solicitamos a súa colaboración e el tivo a amabilidade de entregarnos as seguintes observacións.José Miguel García "Miguelín"
 
A XOGADA DO PARTIDO. “Probablemente a do gol, cáelle o balón a Carlos, pasa a Ángel e marca o 0-1. Outra boa xogada, pase de Emi en profundidade na banda dereita a Sergio Rico, recorte cara dentro, autopase,  déixalle o balón atrás cara Carlos que lle pega con calidade e envía o balón ao pau esquerdo.”

A CLAVE: “Para min basicamente o noso xogo… Pero probablemente se non meterán o primeiro gol tan rápido, o resto non caerían.”


ACTUACIÓN PERSOAL: “Horroroso, non me atopei a gusto no campo, ademais o terreo de xogo era moi pequeno. Teño que mellorar en todos os aspectos.”

O NOSO EQUIPO:  “Parecía que estabamos durmidos, para min do peor da temporada. Por momentos, apertamos mais o balón non quixo entrar nas ocasións que creamos. Tamén xogou a sorte.”

O RIVAL: “Pelexaron con máis intensidade o balón ca nós, coñecen ben o campo, teñen unha boa defensa e un mediocampo que cortaba o xogo a base de faltas.”
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.