Cadetes: Numancia, 5 - Meirás, 0

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Numancia, 5 - Meirás, 0. Prados Vellos.Do mellor da temporada

Vitoria do equipo cadete frente o Meirás por 5 a 0 en encontro disputado na tarde do sábado en Prados Vellos. Ó descanso chegouse con ventaxe local por 4 a 0.

 

Prados Vellos 9 de febreiro de 2013

Aliñacións:

 

Numancia: Roberto (Antonio), Emi, Óscar, David (Lemos), Rolo (Nico), Miguelín (Ian), Sergio Rico (Rañales), Fran, Ángel, Carlos e Marcelo.

Meirás: Javier (Kevin), Diego, Samuel (Adrián), Fredi, Santiago (Daniel Garrote), Miguel, Daniel Calabuig, Iago, Alejandro (Juan), Muriel e Pablo.

Árbitro: D. Roberto Landrove Sande, amosou cartón amarelo a Ángel do Numancia e a Diego do Meirás.

Goleadores: Ángel (3) e Marcelo (2).

 

 

1-0 (22') Ángel: Recuperación de balón na dereita do ataque local por parte de Marcelo que asiste cara á área a Ángel para que éstecruce o balón fora do alcance do meta visitante.

2-0 (29') Marcelo: Ataque elaborado do conxunto local que permite a Carlos poñer un balón cara a dereita para Marcelo que dende o pico da área recurta o seu marcador e dispara coa esquerda anotando o segundo tanto local.

3-0 (36') Marcelo: Nova xogada combinativa local con balón que parte da esquerda en medio campo  con Sergio Rico, pase o centro para a carreira de Ángel e asistencia de éste a Marcelo que dende o borde da área dispara coa perna dereita colocando o balón preto da escadra esquerda.

4-0 (38') Ángel: Xogada dende banda dereita que se autofabrica Ángel regatea ós contrarios, internase e finaliza sobre a saída do meta visitante.

5-0 (67') Ángel: Pase en profundidade de Fran dende medio campo sobre a internada polo centro de Ángel que pisando área eleva sobre a saída do porteiro i establece o resultado definitivo.

Encontro donde os locais brillaron a grande altura, pode que o primeiro tempo fora do mellor visto este ano ó equipo de cadetes. Todas ás liñas fixeron un bo traballo, atentos e seguros no xogo defensivo, rápidos e atinados en ataque. Todo o equipo amosouse tranquilo e seguro, con intensidade no xogo e elaborando en algúns momentos moi boas xogadas con axudas constantes e animándose continuamente. O Meirás que reclamou un posible penalti viuse superado polo equipo local que fixo unha presión abafante. Os visitantes viñeronse pouco a pouco abaixo sobre todo a consecuencia do primeiro gol. Nesta primeira metade Fran estrelou un balón na cruceta.


No segundo tempo o Numancia seguiu centrado e ainda que os do Meirás chegaron algo máis preto da área local non crearon moito perigo. Ángel acadaría o seu "Hat-Trick" neste segundo periodo e a piques estivo de anotar un cuarto tanto se non malogra unha boa oportunidade case baixo paus. Os locais seguiron achegandose con perigo polas bandas coa misma tónica que na primeira metade, ordenados e pelexando todos os  balón para recuperar a sair xogando.


En resumo un encontro donde o equipo no seu conxunto estivo a bo nivel, cada un cumprindo o seu cometido e con boa actitude. A seguir así, porque este si é o equipo que nos gusta ver a todos. Noraboa rapaces.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.