CADETES. NUMANCIA, 3 - EUME, 0

DOLOROSA LESIÓN DO CAPITÁN

Segunda vitoria consecutiva dos aresáns que, pola contra, perden ao seu capitán para varias xornadas.

 
Ares, 26 de xaneiro de 2013
 
Partido correspondente á sétima xornada de liga cadete disputado en Prados Vellos.
 
ALIÑACIÓNS.
NUMANCIA: Roberto (Antonio); Emi, Óscar, José Manuel (Raúl), Gil; Miguelín (Nico), Fran, Carlos (Lemos); Andrés (Julián), Ángel e Brais.
ADESTRADOR: Daniel Iglesias.
DELEGADO: Manuel Nóvoa.
 
EUME: Jaime (Juan); Borja, Cristian, Pablo, Jesús, Ayub (Feal), Raúl, Francisco, Camilo, José María e Alejandro (Regueiro).
ADESTRADOR: Alejandro González.
DELEGADO: Ramón Penedo.
 
ÁRBITRO: Raquel Ortega.
 
GOLES:
1 – 0 (6´): Ángel. Interceptación de Carlos no medio campo e envío para Ángel que, desde fóra da área, arma un disparo que supera por alto a Jaime.
2 – 0 (38´): Carlos. Longa xogada que comeza cunha magnífica recuperación de Gil, entregando o balón a Raúl,quen sobe a banda esquerda, combinando con Carlos e Ángel. Xa dentro da área, Ángel dispara e o rexeite do porteiro quédalle a Carlos, quen non ten máis que meter a cabeza para conseguir o segundo gol.
3 – 0 (64´): Andrés. Combinación entre Carlos e Fran e pase en profundidade de Fran para Andrés, quen chega antes có porteiro e consegue elevar o balón e introducilo no fondo das redes.
 

 
COMENTARIO: Poñíase de cara o partido para os locais co rápido gol de Ángel pero a lesión de José Manuel (posible rotura da clavícula) deixaba ao equipo sen un xogador clave e moi importante no once local. De feito, as ocasións favorables para os eumeses, principalmente tras saques de esquina, ben puideron poñer a igualada no marcador. Non foi así e os locais, a base de entrega e loita, foron quen de combinar por baixo entrando pola banda esquerda e logrando unha vantaxe tranquilizadora antes de chegar ao descanso. Non estaban logrando un gran partido mais si había gañas e os goles déronlles un plus de confianza. Na segunda parte, o Eume continuou buscando o gol que o metera no partido, gozando de varias ocasións que non entraron porque Antonio realizou unha excelente parada e, noutra oportunidade, o balón estrelouse no traveseiro. O terceiro gol matou o partido e deulle outros tres puntos aos aresáns.
Boa vitoria e claros síntomas de mellora neste equipo que nota moi positivamente a colaboración dos cadetes de segundo ano. E, por suposto, ánimos para o capitán: José Manuel, que teñas unha boa e rápida recuperación!
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.