Cadetes: Ánimas, 3 - Numancia, 0
Ó final, outra derrota.
O equipo dos cadetes caeu derrotado por 3 a 0 frente o Ánimas, na sua visita o campo de A Gándara en Ferrol. O descanso chegouse con empate a cero no marcador.
A Gándara (Ferrol) 15 de decembro de 2012
Aliñacións:
Ánimas: Fran, Iván, Adrián, Sergio, Kevin (Diego Santamarina 51'), Abraham, Diego Rodríguez (Pablo Monteiro 25'), Alberto, Rafael (Cristopher 36'), Pablo Bustabad (Talyton 35') e David (Pablo Janeiro 4')
Numancia: Roberto (Agustín 41'), Miguelín (Ian 64'), Óscar, Adrián, Rolo (Rañales 62'), José Manuel (Nico 33'), Emi, Fran, Carlos Piñeiro, Carlitos, Pablo Ferro (Antonio 61')
Árbitro: Tomás Lorenzo Castro amoestou con cartón amarello a Miguelín do Numancia.
Goles: Talyton, Iván e Cristopher para o Ánimas.
Primeiro tempo moi igualado con ocasións para ambos equipos, o perigo dos locais chegaba sobre todo a balón parado con faltas próximas á área que foron ben resoltas por Roberto. Os visitantes chegaron máis en xogada aproveitando a velocidade das bandas con balóns que trataban de pór os centrocampistas ás costas da defensa local. O centro do campo visitante resentiuse un pouco coa lesión de José Manuel que deixou o campo no minuto 33. Primeira parte onde se puido adiantar calquera dos dous equipos pero acabouse a cero no marcador.
A segunda parte iniciouse con moito ritmo, unha xogada inicial que obrigou a Agustín a realizar unha gran intervención foi seguida dunha ocasión única para anotar do Numancia que ao final non se aproveitou. Acto seguido un balón ás costas da defensa sobre a banda dereita do ataque local permite a Talyton penetrar na área canear a Agustín e establecer o 1-0 no minuto 45.
Non baixou a intensidade e as ocasións sucedíanse nun e outro bando. Parecía que o empate estaba próximo, pero os dianteiros visitantes non finalizaban as claras ocasións. Unha indecisión defensiva do Numancia permite a Iván recibir un balón ao bordo da área lixeiramente á esquerda e tras virarse e avanzar uns metros eleva o balón sobre a saída de Agustín establecendo o 2-0 no minuto 65.
Aínda que os visitantes trataron de reporse, un balón solto ao bordo da área no minuto 68 é aproveitado por Christopher para disparar a porta e establecer o 3-0 final.
Non fixo mal encontro o Numancia con moita xuventude nas suas ringleiras pero pagou caro o non aproveitar as ocasións cousa que si fixeron os locais sobre todo na segunda metade.