Cadetes: Narón, 4 - Numancia, 2

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Copa Local. Narón 4, -  Numancia, 2. O Cadaval. Piñeiros, Narón.Non foi posible a remontada.
O partido de copa cadetes disputado na mañá de xoves en O Cadaval, o Narón impúxose á A.D.R. Numancia de Ares por 4 tantos a 2. Ao descanso chegouse con vitoria local por 2 a 0.

 

 O Cadaval (Piñeiros - Narón) 1 de novembro de 2012

Aliñacións:

Narón: Iván Casteleiro, Carlos (Arturo 69'), Iván Bouza, Miguel (Diego González 79'), Joseph (Marvín 53'), José Luis, Yoshua, Diego López, Bruno Nodar, Bruno Sande e Alejandro Martínez (Alejandro Sueiras 59').

Numancia: Agustín (Roberto 41'), Brais (Carlos 39'), Alberto, Óscar (Nico 69'), Sergio Rodríguez (David 69'), Martín, Emi, Fran, Novoa (Sergio Rico 59'), Iván e Marcelo.

Goles: Yoshua (2), Miguel e Marín para o Narón. Marcelo e Martín para o Numancia.

Árbitro: D. Telmo Pérez Vázquez amoestou con cartón amarelo a Yoshua, Bruno Nodar, Diego López e José Luis polo Narón e a Alberto polo Numancia.

Nunha mañá pasada por auga enfrontábanse Narón e Numancia en O Cadaval para afianzar a súa clasificación entre o seis primeiros postos para optar a xogar polo título na liga.
A primeira parte comezou con igualdade e poucas chegadas a porta por ambos os equipos. Tanto locais como visitantes mostrábanse espesos no xogo con erros no pase.O Narón esperaba un pouco agazapado ao Numancia que se atascaba no medio campo e non conseguía xerar perigo. No minuto 20 nunha falta en banda dereita favorable ao Narón, os locais conseguen pór o balón na área e Miguel desde a área pequena inaugura o marcador (1-0). Os visitantes envorcáronse en ataque para buscar o empate con máis vontade que acerto e descuidaron a defensa o que permitiu aos locais montar contraataques perigosos cun primeiro aviso que culminaron no minuto 30 co 2-0 obra de Yoshua ó finalizar unha contra en superioridade iniciada cun cambio de xogo de esquerda a banda dereita con centro á área para que o dianteiro local marque entrando en solitario  desde a esquerda. A primeira parte chegaba ao seu fin con ventaxe local no marcador.
Na segunda parte cambiou completamente o partido. O Numancia saíu a por todas e no minuto 46 Martín desde o bordo esquerdo da media lúa pon un balón ao oco sobre a entrada de Marcelo desde a esquerda para que sexa este último o que cruza o balón ante o meta local acurtando distancias no marcador (2-1). O Numancia dominaba e xogaba máis asentado no campo e así no minuto 49 Martín recupera un balón na frontal e intérnase na área caneando contrarios até chegar á área pequena e enviar o balón ao fondo da rede (2-2). O máis difícil conseguiuse e o Numancia seguiu atacando pero con algún que outro susto en defensa. No 58 nuha falta próxima á área local Fran envía ao traveseiro e apiques está de adiantar ós visitantes. Coincide esta fase do encontro cun forte chuvieiro e unha recuperación no xogo do Narón. Os locais no minuto 72 poñen un balón en longo desde campo propio que a defensa visitante non pode acertar a despexar deixando o balón a pés de Marvín que anota o 3-2. Os de Ares acusan o golpe e  nunha nova indecisión defensiva, esta vez en banda dereita do ataque do Narón, permite ao equipo local pór un balón á área que Yoshua envía á rede anotando o 4-2 definitivo no minuto 75. Non entregou o partido o Numancia e no 77 puido anotar Marcelo nun tiro que desvía un defensa ao traveseiro.
En resumo partido disputado cunha primeira parte con erros na entrega e precipitación á hora de crear o xogo ofensivo e unha segunda parte moito mellor con máis entrega onde a falta de contundencia en defensa e puntaría en ataque, impediu un mellor resultado.
Con este resultado periga a clasificación dos aresáns para disputar a segunda fase da liga no grupo A.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.