Cadetes: Ortigueira, 2 - Numancia, 5

A.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2012-2013. Copa. Ortigueira, 2 - Numancia, 5. San Claudio (Ortigueira)Demasiado sufrimento.

O encontro disputado en San Claudio correspondente ó torneo de Copa Cadete entre o equipo local do Ortigueira e a A.D.R. Numancia de Ares rematou con vitoria visitante por 2 - 5 . O descanso chegouse con empate a cero.

 

 

20/10/2012 San Claudio (Ortigueira)

Alineaciones:
Ortigueira: Brais Castiñeiras, Brais López, Julián, Adrián, Unai, Manuel, Antón, Rubén, Samuel (Fco. Javier 58')  e Jesús.
Numancia: Agustín (Antonio 40'), José Manuel, Sergio Rodríguez (Lemos 52'), Óscar, Marcelo, Martín, Emilio (Rañales 52'), Fran, Ángel, Iván e Carlos (Sergio Rico 52').

Colegiado: D. Juan Jesús Espiñeira Vara amoestou con cartón amarelo a Sergio Rodríguez do Numancia.

Goles: Antón (2) polo Ortigueira, e Ángel (4) e Iván polo Numancia.

 


Primeira parte con total dominio visitante que dispuxo de moitisimas ocasións para marcar pero que unhas veces a precipitación e outra a mala sorte impediron que se abrira o marcador e se chegase ó descanso con empate a cero e a sensación de ter perdoado moitas oportunidades. No minuto 30 da primeira metade veu cartón amarelo Sergio Rodríguez por xogar o balón coa ma.
A segunda metade comenzou cun ataque visitante que finaliza nas mans do meta local. Este saca con rapidez e sorprende a defensa aresana que non pode impedir que Antón controle o balón e cruce sobre a saída de Antonio anotando o 1 - 0 no minuto 41.
No 47 Iván controla un balón  no centro do borde da area local e mete cara a Ángel quen entrando dende a esquerda controla o balón e cruza o pau oposto para que o porteiro non poda facer nada por atallalo subindo así o 1 - 1 o marcador.
No 55 novamente Ángel recepciona na esquerda un balón posto dende a dereita por Sergio Rico, entra na area e resolve de forma moi similar ó primeiro tanto, adiantabase así o Numancia, 1 - 2.
Cando parecía que o Numancia que seguía a chegar con perigo faría o terceiro, resulta que chegou o empate dos locais. Corria o minuto 58 e nun roubo de balón en medio campo os centrocampistas locais poñen un balón novamente a Antón que coma xa fixera no seu primeiro tanto resolve cruzando sobre a saída do meta visitante logrando o 2 - 2.
Seguiu buscando o gol o Numancia frente un Ortigueira que pouco a pouco estaba máis canso pero que aguantou ata o minuto 75. Nese intre un saque de esquiña dende a esquerda de Fran o anota no primeiro pau Iván establecendo o 2 - 3.
Sin deixar respirar ós locais unha triangulación en banda dereita donde Marcelo pasa a Rañales quen devolve a Marcelo para que entre na área cara a porta para ceder ó centro sobre a entrada de Ángel que anota o seu terceiro tanto e cuarto do Numancia subindo así o 2 - 4 no minuto 77.
Un minuto máis tarde un balón que pelexa Iván co portiero local fora do área chega a os pes de Ángel quen dende a media lúa anota o definitivo 2 - 5 no minuto 78.
En resumo unha primeira parte onde os locais se cerraron e apenas inquietaron con moitas ocasión visitantes desaproveitadas, e una segunda metade onde os locais se estiraron máis e anotaron dous tantos que lles permiteu aguantar o empate ata cinco minutos do final onde por fin os visitantes foron certeros cara o gol.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.