Cadetes: Eume, 8 - Numancia, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Torneo Afaco. Cadetes 2011-2012.Derrota para reflexionar.

Contundente derrota por 8-3 do equipo de cadetes na súa visita ao campo do Eume en partido da Copa AFACO. Ao descanso chegouse con vitoria local por 5-1.

 

A Gándara (Pontedeume) 19/05/2012

Aliñacións:

Eume: Diego (Marcos 41'), Pablo, Jesús A., Jesús, Sergio (Borja 26'), Fran, Adri (Diego Pérez 50'), Dani, Camilo ( Alex 54'), Couce (Raúl Bouza 50') e Dani Mayán.

Numancia: Roberto (Agustín 41'), Marcelo, Miguelito (Brais 29'), Adrián, José Manuel (Sergio Rodríguez 41'), Martín, Novoa, Miguel, Angel, Iván e David.

Árbitro: D. Daniel Barreiro Lourido. Amosou cartón amarelo a Brais do Numancia por protestar.

Goles: Camilo (6), Fran e Alex para o Eume. José Manuel, Martín e David para o Numancia.


Primeiro tempo pésimo do equipo visitante que foi superado por un Eume que quería xogar ao fútbol fronte a un Numancia desganado, desorganizado que acumulou erro tras erro. Aos dous minutos Camilo inaugurou o marcador e a súa conta goleadora. O empate de José Manuel aos 4 minutos non serviu de nada posto que novamente Camilo anotaría aos 6 minutos. Aos poucos o Eume chegaba á área aresana con perigo e os goles chegaban un tras outro en xogadas similares, perdas de balón no medio campo do Numancia e balóns ás costas da lenta defensa numantina que era superada en velocidade por Camilo que anotaría os 5 tantos do primeiro tempo. Aínda puido ser maior a renda se os locais non desaproveitaran un penalti a favor no minuto 33.
Na segunda parte o Eume baixou o ritmo un pouco e o Numancia amosou algo máis de entrega. Ambos os equipos disporían de ocasións anotando Camilo, Alex e Fran de penalti para o Eume e acurtando distancias Martín e David para o Numancia.
Os erros foron os de moitos partidos durante a tempada, superados con balóns á contra. Perdas de balón no medio campo. Mala toma de decisións á hora de atacar ao contrario. A sensación e de que para anotar temos que facer moitas ocasións, mentres que con pouco os contrarios fannos moito dano. Pero sobre todo falta de concentración e tensión necesarias para competir.
Ao final derrota por 8 a 3 con eliminación da copa AFACO para o Numancia que debe de facer reflexionar a todos, (xogadores, adestradores e directiva) sobre o que realmente se pretende cando se salta a un terreo de xogo. Nun deporte de equipo e cando se está representando a unha entidade hai que ter unha actitude moi diferente á amosada sobre todo no primeiro tempo do partido do sábado.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.