CADETES. NUMANCIA, 5 - AMISTADE MEIRAS, 2.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011-2012. Numancia 5 - Amistade Meirás 2. Prados Vellos 05/05/12.

Vitoria sen brillo.

O Numancia de Ares derrotou ao Amistade de Meirás por 5 a 2 en partido da penúltima xornada de liga disputado en Prados Vellos. Ao descanso chegouse con empate a dous tantos.

Prados Vellos (Ares) 5 de maio de 2012.

ALIÑACIONS.

NUMANCIA: Roberto (Agustín 41´), Marcelo, Alberto, Brais (Óscar 41´), José Manuel (Sergio 41´), Adrián, Novoa (Carlos 41´), Miguel, Ángel (Emilio 41´), David e Iván.

AMISTADE MEIRAS: Pedro, Jesús, Jaime (Jorge 37´), David Redondo, Diego, Gabi, David Díaz, Joel (Julián 54´), Gaizka (Alex 54´), Braian e Alex.

COLEXIADO: Rodrigo Serrano Naveiras. Sin incidencias.

GOLES: Gabi e Braian (Amistade Meirás). Iván(2), Carlos(2) e Novoa (Numancia)


 

1 – 0: Novoa (min. 8) Apertura de Miguel desde medio campo cara á banda dereita con chegada de Andrés Novoa que pon un centro pechado que acaba sorprendendo á meta rival.

1 – 1: Gabi (min. 27) Balón en longo sen demasiado perigo do Amistade pero que unha indecisión da defensa local permite que Gabi arrebate o balón e anote desde o bordo da área ao bater a Roberto na súa saída.

1 – 2: Braian (min. 37) Novo erro defensivo que permite a Braian gañar en velocidade ao seu marcador penetrar lixeiramente na área e anotar o segundo tanto visitante.

2 – 2: Iván (min. 40) Coa primeira parte a piques de finalizar Iván recolle un balón en tres cuartos de campo rival e tras revolverse dispara de lonxe anotando un bonito gol ao entrar pola escuadra dereita da meta visitante.

3 – 2: Carlos (min. 52) Chegada de Emilio pola dereita até a liña de fondo con pase ao centro da área para que Carlos tras varios rexeites consiga resolver anotando o terceiro tanto local.

4 – 2: Iván (min. 77) Recuperación de balón de Iván que se planta ao bordo da área e cruza ante a saída da meta visitante.

5 – 2: Carlos (min. 80) Balón na media lúa que Emilio mete cara a área sobre a entrada desde a esquerda de Carlos quen desde a área pequena tras deixar no chan ao porteiro e un defensa anota o quinto e definitivo tanto local.

Primeiro tempo con 20 minutos iniciais aceptables dos locais onde se tentou xogar e entrar por banda aínda que non se xerou demasiado perigo. Só un balón ben despexado pola meta visitante e o primeiro gol local. Despois 15 minutos de desconcerto local con erros graves que permitieron aos visitantes anotar o empate e adiantarse no marcador grazas ás dúas únicas claras ocasións xeradas. Por último tímida reacción local empatando case co tempo cumprido grazas a un bonito gol de Iván.

Tras o descanso o conxunto local mellorou un pouco no seu xogo e os visitantes non ofreceron moita resistencia no medio campo tan só a falta de acerto do Numancia e algunha bo parada da meta visitante impediron que se aumentase o marcador. No minuto 48 Emilio foi derrubado polo porteiro visitante dentro da área pero o penalti foi errado por David. Neste segundo tempo o maior dominio local acabaría permitindo ao Numancia gañar o partido anotando tres novos tantos. No bando rival apenas unha xogada con dobre disparo a porta que Agustín neutralizou acertadamente en ambos os casos.

En resumo, frouxo encontro onde se evidenciou novamente desaxustes defensivos e erros na finalización, con todo, a vitoria permite aos locais seguir optando á cuarta praza á espera do que poida pasar na última xornada de liga fronte ao Perlío en Os Pinares.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.