Inicio Noticias Cadetes Cadetes: Numancia, 4 - G.Mugardos 4
 
 

Cadetes: Numancia, 4 - G.Mugardos 4

Faltou rematar

14 de Marzo de 2009

Luis

Prados Vellos. (Ares)

GOLEADORES: IVÁN, DANI, JUANRA, VÍCTOR

 

Alineación:S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Cadetes. Numancia - Galicia de Mugardos. Prados Vellos.

ÁLVARO

DAVID

ÁNGEL (JONY)

JESÚS

PABLO (RUBÉN)

JUANRA (ANTONIO)

MIGUEL

IVÁN

MANU (BRYAN)

DANI

VÍCTOR


ÁRBITRO: ACTUACIÓN CANDO MENOS DISCUTIDA E DA QUE O EQUIPO ARESÁN SAIU PERXUDICADO

 


FALTOU REMATAR


PARTIDO DE RIVALIDADE COMARCAL ENTRE DOUS EQUIPOS DA PENÍNSULA DE BEZOUCOS COA MELLOR ENTRADA DA TEMPADA POLO QUE O NOSO CANTINEIRO

PEPE (ALGÚN DÍA TEREMOS QUE FACERLLE UNHA HOMENAXE ) TIVO TRABALLO DE ARREO.


O DESENROLO DO PARTIDO VEU CONDICIONADO POR DUAS COUSAS. A PRIMEIRA, A FALTA DE CARLOS NA PORTERÍA DO NUMANCIA DEBIDO AS NECESIDADES DO EQUIPO XUVENIL MOTIVADO POLA LESIÓN DO SEU GARDAREDES.

A SEGUNDA FOI A VELOCIDADE DO DIANTEIRO CENTRO DO EQUIPO MUGARDÉS QUE TROUXO DE CABEZA OS NOSOS CENTRAIS TODA A TARDE.

DESDE O PRIMEIRO MINUTO VÍASE CERTA SUPERIORIDADE DO NOSO EQUIPO, PERO TRAS DÚAS OCASIÓNS QUE ESTRAGOU MIGUEL, OS MUGARDESES ADIANTÁRONSE NUN BALÓN LONGO NO CAL O DIANTEIRO MENCIONADO ANTERIORMENTE FOISE DOS DOUS CENTRAIS E DO LATERAL ESQUERDO.

EMPATAMOS A BALÓN PARADO NA SEGUNDA FALTA QUE MARCA IVÁN ESTA TEMPADA PERO NOVAMENTE NUN BALÓN EN LONGO ALVARO DUDOU UN POUCO NA SAÍDA E FOI BATIDO CUNHA VASELINA.

EMPATOU DANIEL DUN BO CABEZAZO A SAIDA DUNHA FALTA BEN CENTRADA POR JUANRA E CHEGOU O DESCANSO.

NA SEGUNDA PARTE O EQUIPO DA CASA IMPUXO UN RITMO SUPERIOR E CONSEGUIMOS ADIANTARNOS CON UN CATRO A DOUS CON GOLES DE JUANRA E VÍCTOR QUE SEMELLABA QUE ERAN DEFINITIVOS NA SORTE DO PARTIDO.

NEMBARGANTES UNHA VEZ MAIS QUEDOU DEMOSTRADO QUE NON SABEMOS PECHAR OS PARTIDOS E POR TERCEIRA VEZ ESTA TEMPADA EN PARTIDOS XOGADOS EN PRADOS VELLOS A VANTAXE DE DOUS GOLES ESFUMOUSE.

COMA REMATE SACAMOS COMO POSITIVO QUE MARCAMOS DOUS GOLES DE CABEZA COUSA QUE EU PARTICULARMENTE NON RECORDO QUE CONSEGUIRA NUNCA ESTA XERACIÓN.

TAMÉN PODÍAMOS FALAR DE QUE ALVARO SE LLE GUSTA E ENTRENA PODE SER UN BO PORTEIRO.

E FINALMENTE VALORAR O TRABALLO DE JUANRA QUE NUNHA TEMPADA NA CAL TEN ALGUNHAS TIRANTECES CO MISTER, LEVA UNS PARTIDOS QUE VE PORTA CON GRAN FACILIDADE.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Cadetes. Numancia - Galicia de Mugardos. Prados Vellos.
 S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Cadetes. Numancia - Galicia de Mugardos. Prados Vellos.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.