CADETES: NUMANCIA, 0 - NARON, 3.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011-2012. Numancia, 0 - Narón 3. Prados Vellos 17/03/12.

De costas ao gol.

Derrota por 0 a 3 dos cadetes do Numancia  fronte ao Narón en partido disputado na tarde do sábado en Prados Vellos. Ao descanso chegouse con empate a cero no marcador.

 Ares 17 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Kike (Roberto 41´), Marcelo, Adrián, José Manuel (Sergio 55´), Alberto, Brais (Novoa 48´), David, Darío, Ángel (Saavedra 55´), Miguel (Miguelito 48´) e Iván.

NARON: Iván, Rubio, Gabri, Álvaro, Bouza, Martín (Marco 76´), Dual, Castro, Lokes (Diego 58´), Chao (Marvin 41´) e Pipo (Carlos 76´).

COLEXIADO: Alvaro García Santaeufemia. Amoestou a Dani (adestrador) polo Numancia e a Castro do Narón.

GOLES: Dual (2) e Castro

 

0 – 1: Castro (min. 58). Saque de esquiña do Narón, rexeite defensivo que deixa o balón ó borde do área para que Castro de forte disparo axuste ó pau dereito da meta de Roberto quen non pode reter o balón.
0 – 2: Dual (min. 69). Xogada sen aparente perigo pola banda esquerda do ataque do Narón que permite o xogador visitante poñer o balón cara a dereita para que Dual entrando en diagonal se adiante a defensa e marque sobre a saída de Roberto de tiro cruzado.
0 – 3: Dual (min. 83). Xa co partido rematado e o Numancia volcado en ataque producese unha contra visitante mediante un balón longo ó area local. Roberto na súa saida despexa o balón  que rebotado chega a Dual que envía ó fondo da rede.

A fortuna, que acompañara ós numantinos en outras ocasións e permitira gañar partidos sen facer un bo xogo, estivo esquiva no encontro fronte o Narón.

A primeira metade o dominio foi principalmente local con chegadas a porta claras pero que se atoparon cun gardameta en estado de gracia. Iván en duas ocasión dende o borde do área, unha en xogada e outra de falta, e Adrián en remate de cabeza, tiveron as máis claras para anotar pero atoparonse con o porteiro visitante, Iván, que sacou os tres balóns cando xa parecían entrar rozando o longueiro.

Nesta primera metade tamén o Narón xerou ocasións que Kike foi quen de desbaratar. Con todo os locais foron máis merecedores de levar ventaxe no descanso, pero ó final do primeiro tempo mantívose o empate inicial.

A segunda metade parecía que sería igual pero o gol do Narón ós oito minutos da reanudación fixeron dano nos locais que a pesares do contratempo seguiron buscando o gol. No minuto 65, os locais dispuxeron da mellor ocasión, o decretar o colexiado un penalti a favor do Numancia que David non foi quen de transformar, novamente o meta naronés estivo alí para deter o lanzamento.

Se xa fora forte o golpe po lo erro da pena máxima, catro minutos máis tarde viría o segundo tanto visitante. Con todo o Numancia seguiu na percura do gol pero unhas veces a falta de puntería e outras o bo meta visitante deixarían a cero o casilleiro local.

O último gol non fixo máis que resumir o encontro, infortunio local e máxima efectividade visitante. Foi unha magoa que un dos mellores encontros dos de Ares non levara premio, cando menos dun empate. Deixando claro que para nada debemos de desmerecer a vitoria do Narón que tamén xogou, aproveitou as súas oportunidades e sobre todo tivo no seu porteiro Iván  un seguro de vida.



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.