CADETES. AMISTADE MEIRAS, 1 - NUMANCIA, 7.

Numancia de Ares ADR. Cadetes 2011.2012. Amistade Meirás 1 - Numancia 7. Atios (Valdoviño) 18/02/12.

Vitoria cun xogo aceptable.

Vitoria dos cadetes do Numancia fronte ao Amistade de Meirás por un claro 1 a 7, 0-5 ao descanso, nun partido con ocasións e onde se tentou xogar máis que anteriores ocasións.

Atios (Valdoviño) 18 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

AMISTADE MEIRAS: Pedro, Iago, Jesús, Jaime (David Redondo 41´), Diego, Gabriel, David Díaz, Brayan Bouza (Julián 49´), Brayan Alfonso, Gaizka (Joel 53´) e Alex.

NUMANCIA: Agustín (Roberto 41´), Andrés Saavedra, Alberto, Brais (Nico 41´), Miguelito, Novoa, Adrián, Miguel, Ángel, Iván e Marcelo (David Gil 41´).

COLEXIADO: Francisco López Gómez. Sin incidencias.

GOLES: Diego para o Amistade Meirás. Iván(3), Miguelito, Alberto, A. Saavedra e Marcelo para o Numancia
 

0 - 1: Alberto (min. 4). Internada na área local de Iván pola dereita que é freada en penalti. Encárgase de transformalo Alberto.
0 - 2: Iván (min. 25). Saque de banda por esquerda que Marcelo prolonga cara ao pico da área para Angel quen pasa ao bordo da media lúa para que Iván envíe o balón ao pau dereito fora do alcance do gardameta local.
0 - 3: Iván (min. 35). Adrián pon o balón no pico dereito da área para que Iván virando sobre se mesmo envíe de forte disparo o balón a porta para que entre preto do pau dereito.
0 - 4: Marcelo (min. 37). Cambio de xogo de esquerda a dereita de Adrián que pon o balón preto da liña de fondo para que Andrés Saavedra entre dentro da área e dé pase cara ao pico dereito onde Marcelo conecta un disparo que entra próximo á escadra do segundo pau lonxe do alcance do gardameta local.
0 - 5: Saavedra (min. 40). Xogada elaborada que parte de Adrián no medio campo esquerdo pasando a Marcelo situado na media lúa da área, pase rápido de Marcelo sobre a entrada desde a dereita de Iván que á súa vez pon un pase en longo para a entrada desde banda dereita de Andrés Saavedra, quen encara e bate ao porteiro local.
0 - 6: Miguelito (min. 47). Pase de Miguel a Miguelito, quen situado ao bordo dereito da área local dispara ao pau contrario e anota o tanto.
0 - 7: Iván (min. 54). Novamente Adrián desde a esquerda pasa en horizontal a Iván que volve disparar desde o bordo da área anotando o sétimo tanto visitante.
1 - 7: Diego (min. 62). Entrada por banda esquerda do equipo local con pase á área e algunhas indecisións defensivas son aproveitadas por Diego para anotar o tanto local.

Ante un rival con pouco perigo o Numancia tratou de buscar a elaboración no xogo máis que noutros encontros e dispuxo de moitas ocasións para aumentar a vantaxe no marcador. Aínda así no minuto 27 con 0-2 no marcador, Miguelito cometeu un penalti que Agustín encargouse de parar i evitar un achegamento local no marcador. A pesar de que o campo, de superficie natural, estaba algo irregular, o Numancia buscou as combinacións en ambos períodos e xerou perigo. Defensivamente tamén se cometeron menos erros ante un rival que non amosou demasiado perigo en ataque. Destacar a participación na segunda parte dos infantís Nico e David Gil que non desentoaron no centro da defensa.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.