CADETES. NUMANCIA, 1 - G. CARANZA, 7.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Numancia 1 - G. Caranza 7. Prados Vellos.Dous tempos moi diferentes.

O Numancia caeu derrotado amplamente frente o Galicia de Caranza no partido correspondente á séptima xornada do torneo de copa cadete por 1 a 7. Ó descanso chegouse con vitoria visitante por 1 a 3.


Ares 22 de outubro de 2011

ALIÑACIÓNS:
NUMANCIA: Kike (Roberto 41´), Marcelo (Andrés Saavedra 63´), Alberto, Adrián, José Manuel (Sergio 57´), Martín, David, Miguel, Angel (Brais 60´), Ivan e Miguelito.

G. DE CARANZA: Alexandre (Adrián 63´), Romero, Javi Gonzalez (Javi Luaces 57´), Jandro, Moi, Amado, Alex (Dani 54´), Berto (Isma 54´), Artai, Brais e Isma (Sedes 49´).

COLEXIADO: Alejandro Miño Pico (Delegación de Ferrol). Amonestou a José Manuel do Numancia.

GOLES:
Numancia: Miguelito.
G. Caranza: Artai (3), Brais (2) e Dani (2).

 

 

O Numancia prantou cara na primeira metade ó Galicia de Caranza e achegouse ó área vistante con perigo. Pero no minuto 16 José Manuel agarra a un contrario cando este entra na área e o árbitro decreta penalti. Artai anota e o equipo visitante adiántase no marcador (0-1).

O Numancia non se veu atrás e no 19 reclamaría un penalti por mán na área visitante que o árbitro non concede. Seguidamente os locais enviarían o balón o longueiro.

Cando parecía estar perto o empate unha entrada por banda esquerda do Galicia no minuto 23  remata con centro ó medio da área e remate de Artai para anotar o 0-2.

No 27 un rexeite en medio campo favorece ó visitante Brais que se pranta só ante Kike para batilo novamente establecendo o 0-3.

Dende ahí ata o  final os locais chegaban pero no definían, o Numancia volcouse en ataque e no 40 á saída dun 'corner', Ángel toca o balón e Miguelito envía a fondo da porta tras tocar nun defensa. Acurtaba distancias o Numancia 1-3.

Xa na prolongación dispuxo Iván de unha última oportunidade pero non conseguiu finalizala con éxito.

No segundo tempo esperabase que o Numancia seguira prantando cara  e puxera as cousas difíciles ós ferrolásn, pero a ilusión durou 7 minutos, os que tardou o Galicia en anotar o 1-4 por mediación de Brais arrancado dende medio campo e prantándose só ante Roberto.

Os locais seguían tentando atacar pero sin tanto orde e desprotexendo a defensa o que permitiu ós visitantes pechar o encontro á contra.

No 57 entrada por la esquerda e cambio de xogo ás costas da defensa local que aproveita Dani para anotar o 1-5.

No 68 novamente Dani remata un centro dende a esquerda anotando o 1-6.

No 78 pecha o resultado Artai cunha xogada similar ás anteriores centro dende a esquerda e remate para poñer o 1-7 definitivo.

En resumo duas partes moi diferentes cun Numancia que prantou cara e un Galicia que aproveitou as oportunidades, esa foi a diferencia fundamental, o acerto cara á porta. A segunda metade xa foi traballo a favor de obra dos visitantes que dosificaron esforzo e controlaron o encontro con relativa facilidade.

Felicitar ó Galicia que ten case conseguido o pase ás semifinais e animar ós nosos para que fagan mais partidos como este primeiro tempo de hoxe.

Outra crónica e máis imaxes na web do Galicia de Caranza

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.