CADETES. G. DE MUGARDOS, 3 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. G. Mugardos 3 - Numancia 1. A Pedreira.Gañou o que puxo máis interese.
Nova decepción do equipo cadete, esta vez fronte o eterno rival. No encontro da cuarta xornada da copa, o Numancia caeu derrotado no campo de A Pedreira fronte o Galicia de Mugardos por 3 tantos a 1, no descanso o resultado era de 1 a 0 favorable ós locais.

 

A Pedreira 08 de outubro de 2011.

ALIÑACIONS:
G. DE MUGARDOS: Alex, Chechu (Josiño 60´), Borja, Pedro, Nacho, David, Bruno (Tomás 52´), Jorge, Alexis (Alberto 77´), Javier (Jose 72´) e Joel.

NUMANCIA: Roberto (Agustín 40´), Marcelo, Alberto, Adrián, José Manuel (Angel 20´), Martín, Miguel (Andrés Saavedra 60´), Iván, Miguelito (Brais 65´), David e Novoa (Sergio 54´).

COLEXIADO: D. Daniel Barrera Lourido (Delegación de Ferrol). Amonestou a David, Alexis e Joel do G. de Mugardos.

GOLES:
G. de Mugardos: Joel (16´), Aléxis (54´) e Nacho (76´).

Numancia: David (68´).

 

 

O equipo local saíu con moita mellor disposición. Reforzou a defensa e impuxo o seu xogo máis físico fronte os visitantes que amosaron unha vez máis que non saen ó campo centrados no xogo a realizar. Novamente o equipo amosou lentitude e falta de ideas no xogo.

O Galicia deu un par de avisos e no minuto 16 adiantouse no marcador cun balón rexeitado hacia o pico esquerdo da área que permite a Joel elevalo sobre o meta vistante Roberto. A xogada puxo de manifesto a falta de contundencia defensiva do equipo visitante.

No minuto 20 José Manuel foi sustituido por lesión o torcer un nocello.

O Numancia non buscaba as bandas e perdíase en conduccións excesivas de balón. A pesar de todo dispuxo de dúas ocasións importantes no que o balón rematou no longueiro nun tiro de Martín e no poste a tiro de David. Tamén os locais puideron facer algún gol máis antes do descanso.

A segunda metade foi máis do mesmo, un equipo local ben prantado no campo que impedía o xogo visitante. O Numancia sin ideas, abusaba de balóns por alto ó centro donde se impuñan os defensas locais. Non se facía xogo combinativo,  unhas veces por exceso de conduccións i outras por lentitude que permitia ó rival cortar a liña de pase.

Un novo erro facilitou a entrada por banda de Alexís que se prantou diante de Agustín e o batiu na súa saída. Era o minuto 54 e os locais gañaban por 2-0.

O gol de David no minuto 68 daba certas esperanzas os visitantes  que parecían querer entrar máis en xogo, pero no minuto 76 á saída dun 'corner', un novo despiste visitante permite a Nacho envíar o balón cara a porta i a mala fortuna fai que Andrés Saavedra despexe cara a rede o balón establecéndose o que sería o definitivo 3-1.

O peor de todo non e o resultado, que deixa definitivamente sen ningunha opción o Numancia na competición, se non as pobres sensacións que trasnmite o xogo do equipo. Esperemos que a segunda volta sexa máis gratificante no xogo, independentemente dos resultados que se acaden.  Nos xogadores está liberarse de esa apatía e poñer un pouco de intensidade, porque xogar saben xogar...

... se queren.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.