Cadetes: Numancia, 11 - Miño, 0

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Numancia 11 - Miño 0. Prados Vellos.Calor e moitos goles

Primeira vitoria na copa do Numancia nun encontro no que a calor abafante foi protagonista. O encontro, que no primeiro tempo finalizau con 2-0 favorable ós locais, remataría con vitoria es estes por 11 a 0.

 Prados Vellos 01 de outubro de 2011.

ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Agustín (Roberto 41´), Marcelo, Alberto, Adrián, José Manuel ( Miguelito 55´), Martín, Brais (Sergio 41´), Miguel, Andrés Novoa (Ángel 57´), Iván e Andrés Saavedra (David 54´).

MIÑO: Diego, Pablo, David, Nelson, Edu, Jony, Yago (Lucas 29´) (Fernando 58´), Iván, Carlos, Diego e Cesar.

COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Agustín polo Numancia e a Yago polo Miño.

GOLES:
Numancia: Martín (3), Andrés Novoa (2), David (2), Angel (2), Alberto e Iván.
 

 Goles:

 1-0.( 7') Cambio de xogo dende a esquerda de Alberto cara ó centro para Martín que pon o balón ás costas da defensa visitante para que Andrés Novoa entrando dende o pico esquerdo da área cruce ó pau oposto ante a saída do meta rival.

 2-0.(17') Chegada por banda dereita de Marcelo que asiste a Martín para que se adentre na área e anote o segundo tanto cruzando o balón ó pau esquerdo ante a saída do porteiro.

 3-0.(43') Cesión comprometida da defensa do Miño que o porteiro vese obgrigado a coller coas mans. A falta indireta ó borde do área pequena sirve para que Miguel toque o balón a Alberto i este último  marque o terceiro tanto.

 4-0.(56') Novo balón ás costas da defensa visitante enviado por Miguel para que Andrés Novoa anote novamente cruzando ante a saída do porteiro.

 5-0.(57') Penalti nun envío a porta de Marcelo que un defensor toca coas mans. O penalti é anotado por David.

 6-0.(69') Entrada de Marcelo por banda dereita que asiste a Martín que adentrase no área e cruza ó pau esquerdo anotando o seu segundo tanto.

 7-0.(71') Centro de Marcelo dende a dereita que curta un defensor, o balón morto cae o borde da área e David encargase de poñelo perto da escadra esquerda facendo inútil a estirada do meta visitante.

 8-0.(72') Apertura de David a esquerda donde Iván consigue entrar perto da liña de fondo ata a porta rival, cando todos esperaban o disparo a porta cede cara atrás para que Ángel só teña que empurrar o balón o fondo da rede.

 9-0.(75') Saque de esquiña de David dende a dereita e remate de Martín anotando o seu terceiro tanto.

10-0.(76') Xogada de Marcelo no borde da área, pase cara a Iván situado dentro da área i este de tacón asiste a Ángel que finaliza a xogada anotando o seu segundo tanto.

11-0.(80') Balón en longo de Sergio para que Iván en carreira consiga anotar un tanto merecido despois de errar un penalti no minuto 78 e amosarse xeroso no seu xogo para que anotaran outros dos seus compañeiros.

Partido marcado pola elevada temperatura que sufriron os xogadores de ambos equipos. No primeiro tempo o Miño presentou máis batalla e chegou con certo perigo á meta local. As ocasións máis claras foron para os locales que viron como o porteiro visitante sacaba algúns balóns con moito acerto. A xogada máis perigosa dos visitantes viuse a piques de rematar o primeiro tempo, cando Agustín no minuto 37, viuse obrigado a sair do área cometendo falta, o que lle costaría a tarxeta amarela.
Na segunda metade, o Numancia dispuxo de moitas ocasións, donde unhas veces a precipitación ou a falta de acerto, e outras, as oportunas intervencións do meta rival, impediron unha maior renda de goles.
O Miño, voluntarioso, viuse desbordado cando os locais buscaron as combinacións e cambios de xogo. Por parte local se amosou mellor cara que en partidos anteriores ante un rival que puxo menos atrancos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.