Cadetes: Numancia, 0 - Ortigueira, 3

A.D.R. Nuamancia de Ares. Cadetes 2011-2012. Copa. Numancia, 0 - Ortigueira, 3. Prados Vellos.Mal comezo.
Comezou a competición copeira na categoría de cadetes e o Numancia viuse superado por un rival máis centrado e acertado. Con 0 a 2 chegouse ó descanso e o partido rematou con vitoria visitante do Ortigueira por 0 a 3.

Prados Vellos, 17 de setembro de 2011

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Roberto (Kike 41´), Marcelo, Alberto (Miguel 15´), Adrián, Sergio, Martín, David, Miguelito (José Manuel 52´), Ángel (Brais 58´), Ivan e Andrés Novoa.

ORTIGUEIRA: David Prieto, Adrián Martinez, Brais López (Carlos Docal 61´), Sergio Maseda, Rubén Janeiro, Miguel Rubinos, Julián Ramirez (Antón Lorenzo 64´), Borja Ben (Diego Pita 48´), Antonio Breijo (Daniel Martinez 63´), Álvaro Prieto e Manuel Piñeiro (Luís López 41´).

COLEXIADO: D. Borja Gundín Barreiro (Delegación de Ferrol). Amonestou a Miguelito e Sergio polo Numancia.

GOLES:
Ortigueira: Antonio Breijo (3).

0-1.  9'. Un balón ás costas da defensa e Antonio Breijo aproveita para lixeiramente dentro da área anotar para o equipo visitante e abrir o marcador.
0-2. 11'. Novo balón ás costas con entrada por banda esquerda de novo de Antonio Breijo que finaliza cun balón cruzado ante a saída de Roberto.
0-3. 58'. Mala execución dun corner a favor do Numancia que facilita un saque rápido do porteiro en longo, o balón cae en campo local encadenandose un erro da defensa e facilitando a consecución do gol de Antonio Breijo que eleva o balón ante a saída de Kike.

O conxunto de Ortigueira presentouse en Ares con un equipo superior físicamente ós locais. Ademáis os visitantes estaban mellor asentados no campo. Con todo o partido veuse condicionado pola lesión do central numantino Alberto, que  no minuto 8' saíu do campo para ser atendido i estando fora do terreo de xogo chegou o primeiro tanto visitante. A pesar de voltar o terreo de xogo tería que abandonar definitivamente a participación no encontro no minuto 15. Dende o minuto 9 ata o 11 o desaxuste defensivo dos de Ares propiciou que os locais encaixaran dous goles o primeiro en inferioridad numérica. Tamén en ese curto espacio de tempo Miguelito viu a tarxeta amarela por unha entrada ó borde da área.
Con 0-2 no marcador os visitantes pasaron a controlar o xogo i os locais seguiron sen acerto no pase, os dianteiros numantinos perdianse entre a defensa do Ortigueira, non se producián desmarques e case sempre se reacionaba con lentitude no xogo. Ante a falta de combinacións buscaronse balóns en longo, pero a maior embergadura da defensa visitante anulaba calquera posibilidad de perigo local.
Na segunda metada o Numancia modificou o sistema de xogo e buscou a entrada por bandas, chegábase mais ó área visitante pero ainda non se finalizaba có suficiente perigo. Pero un erro en cadea no minuto 58 permitiu o Ortigueira pechar o encontro con 0-3 definitivo. Dende ahí ata o final, viuse un Numancia que atacaba sin moita decisión i un Ortigueira controlando o xogo. A impotencia fixo que Sergio acabara vendo a tarxeta amarela no 74´ por unha entrada a un contrario ó borde da área.
En resumo un mal comenzo, condicionado pola lesión de Alberto, pero que nos ten que servir para mellorar e correxir erros. Felicitar ó equipo do Ortigueira pola vitoria e animar ós nosos, en especial a Alberto para que se recupere pronto, esperando que  na vindeira xornada donde teremos unha proba dura ante o Galicia de Caranza, amosemos unha mellor imaxe.

Para ver máis fotos do partido ofrecidas pola web do Ortigueira PICA AQUI.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.