Inicio Noticias Cadetes CADETES. ASPIRANTES, 6 - NUMANCIA, 1.
 
 

CADETES. ASPIRANTES, 6 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Aspirantes 6 - Numancia 1. Aneiros.DE VERGOÑA.
¿Fútbol?, pouco por parte de ámbolos dous equipos. Pero as gañas, querer o balón e querer gañar o partido, fóronlle suficientes ao Aspirantes para darlle un repaso a un Numancia de carnaval.


Aneiros (Ferrol) 5 de marzo de 2011.

ALINIACIÓNS:
ASPIRANTES: Bruno, Juan Fernández, Sergio, Jorge, Manuel, David (Enrique 71´), Victor, Alejandro (Juan García 67´), Eloy (Eduardo Pol 71´), Eduardo Pérez (Diego 62´) e Alberto.
NUMANCIA: Xaime, Deive, Pepe, Dario, Adrián (Cabana 50´), Miguelito, Adri (Andrés 52´), Quique, Borja, David (Roque 40´) e Ricardo.

COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz (Delegación de Ferrol). Amonestou a Alberto polo Aspirantes e Miguelito polo Numancia.

GOLES:
Aspirantes: David (2), Diego (2), Eloy e Alberto.
Numancia: Miguelito.

 



Primeira metade de pouco fútbol, pero onde a maior "agresividade futbolística", do Aspirantes, o ir a polo partido e o querer os tres puntos foilles suficiente para sacar os de Ares do encontro. Os numantinos, en ningún momento deron a sensación de equipo. Continuas perdas de balón, moita desorganización, pouca contundencia, desgana. En resumo, un conxunto sen ambicións, define hoxe os de Ares. Non sei se había présa por poñerse a careta e ir para o entroido, pero dende logo o partido foi unha auténtica carnavalada por parte dos aresáns. Aínda que foron éstes os que se puxeron por diante no marcador, no minuto 14, por medio de Miguelito a pase de Quique, pouco lles durou a ventaxe. Dous minutos despois, falta que bota Alberto, indecisión no rexeitamento da zaga aresá e Eloy na liña de gol mete o pé empatando para o Aspirantes. Para colmo de males, regalo dos de Ares no minuto 27. Balón sen aparente perigo, indecisión entre Pepe e Xaime na súa saída, David mete o pé entre os dous e segundo do Aspirantes. De aquí ao final do encontro, o que reza no titular ¡¡de vergoña!!.

Da segunda metade, pouco hai que dicir, defínese en tres palabras "autentico baile do Aspirantes", polo que soamente vou comentar os goles dos locais. ¡¡Os goles que entraron!!, porque se teño que comentar as ocasións das que dispuxeron se estendería en exceso a crónica. Só dicir como dato aclaratorio, que os de Ares non crearon nin unha soa ocasión de perigo na área rival nesta segunda metade, e se nos vimos para a casa cunha ducia, imos ben servidos.
Nada máis iniciarse a segunda metade, minuto 41, perda de balón, unha de tantas, dos de Ares en tres cuartos de campo propio, David consegue o esférico, encara porta, pisa a área e nun man a man con Xaime báteo por baixo, 3 - 1.
M 50: disparo bombeado de Alberto preto da periferia do círculo central colle a Xaime adiantado e cuarto do Aspirantes.
M 75: internada de Víctor que se vai de dous defensas, Xaime aguanta ben e detén o primeiro disparo. O rexeitamento favorece a Eduardo Pérez, centro ao segundo pau, que Diego de cabeza, remata a pracer ao fondo das mallas, 5 - 1.
M 78: balón que a defensa aresá non dá quitado da área, chega ao lateral da área pequena onde Diego remacha de forte disparo cruzado para establecer o 6 - 1 definitivo.

Non me queda máis que felicitar ao Aspirantes, un equipo normal, sen nada destacable sobre os demais, como a maioría. Pero hoxe cunha gran diferenza sobre o Numancia, quixo o balón, quixo o partido, quixo os tres puntos, botoulle máis coraxe, máis gañas e máis agresividade. Resultado, repaso aos de Ares.

Aos de Ares, que disfruten do carnaval, con ou sen careta, e se lles sobra algo de tempo que mediten sobre o ridículo de hoxe.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.