CADETES. NUMANCIA, 1 - EUME DEPORTIVO, 2.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 1 - Eume Deportivo 2. Prados Vellos.MOI BO PARTIDO DOS CADETES A PESAR DA DERROTA.
Encontro moi disputado e igualado, no que cando menos, os locais mereceron o empate.

 

Ares 26 de febreiro de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Xaime, Dario, Pepe, Juan, Adrián (Deive 40´), Migui, Dani (Adri 40´), Piñeiro, Borja, David (Roque 54´) e Ricardo (Cabana 58´).
EUME DEPORTIVO: José Vidal, Jesús (Pablo 66´), Carlos Mosquera (Ramón 58´), Álvaro, Edgar, Adrián, Sergio, Diego Pérez (Alberto 50´), Tomás, Jorge e Carlos Fachal (Marcos 71´).

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico (Delegación de Ferrol). Amonestou a Juan e Piñeiro polo Numancia e a Ramón polo Eume.

GOLES:
Numancia: Borja.
Eume Deportivo: Carlos Fachal (2).

 



Comezaba mal a tarde para o Numancia, pois aos dous minutos de iniciado o encontro encaixarían o primeiro gol. Un balón en profundidade que caza Fachal, regatea á defensa aresá e de disparo cruzado bate a Xaime. Pese ao contratempo os locais foron quen de refacerse e ofrecéronnos unha primeira metade aceptable. Foi unha primeira metade con moito centrocampismo, zona na que os de Ares estiveron pouco incisivos, permitindo ao Eume xogar con moita facilidade e ter a posesión do balón, o que lles permitiu marcar o tempo do xogo. Os visitantes tiñan a posesión, dominaban atrás pero tampouco creaban, non o necesitaban, ían por diante no marcador. Os de Ares adiantan as súas liñas e no 31´ encaixarían o segundo tanto. De novo un balón ás costas da defensa, Xaime sae en falso e Fachal de vaselina supérao por alto, 0 - 2. Mazazo para os locais que non o estaban a facer tan mal para pagar tan duro prezo. Pero no minuto 40, o fútbol faría xustiza e os de Ares obterían o seu xusto premio. Centro de David que recolle Borja no bordo da área, regatea ao seu marcador e de disparo cruzado-raso supera a Vidal, acurtando distancias no marcador. Gol psicolóxico e moi importante para os de Ares, o que se vería reflectido no desenvolvemento da segunda metade. Sen tempo para máis os xogadores retiraríanse aos vestiarios co resultado coñecido de 1 - 2.

Na segunda metade, e a raíz do gol, os numantinos saíron moito máis metidos no encontro. Estiveron moito mellor en mediocampo e tamén defensivamente, non permitindo ao Eume xogar con tanta facilidade como na primeira parte. De feito nesta metade foron os de Ares os que levaron o peso do encontro. Quizais lles faltou algo de puntería e pegada de cara á porta rival, motivos polos que non se igualou o resultado final. Dicir tamén que os Eumenes dispuxeron de claras oportunidades, incluído o lanzamento dun penalti, cometido sobre Carlos Mosquera, no minuto 68. Pero a sensacional intervención de Xaime, así coma outras o longo do encontro, serían claves para evitar que subisen ao marcador. Nos últimos dez minutos do encontro foro os máis intensos dos locais, prácticamente xogáronse en campo rival, pero como diciamos a falta de pegada nos metros finais evitou o gol do empate. Empate que houbese sido o resultado máis xusto, pero ¡¡os goles manda!!.

Ao final os tres puntos viaxaron para Pontedeume, pero iso é o de menos. O máis importante, e o que realmente hai que valorar, é a aptitude e o pundonor que se puxo no terreo de xogo, especialmente na segunda metade. Con esa mentalización e ese bo facer, a bo seguro, os bos resultados non han tardar en chegar.

Non queda máis que felicitar ao Eume polos tres puntos acadados e aos nosos rapaces animarlles a seguir na liña de hoxe, porque non cabe dúbida de que ese é o bo camiño.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.