Inicio Noticias Cadetes CADETES. O VAL, 4 - NUMANCIA, 1.
 
 

CADETES. O VAL, 4 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. O Val 4 - Numancia 1. Sinde.IMOS DE PASEO, PIPIPI ...
Ou polo menos esa foi a imaxe, que deixou o equipo cadete, aos afeccionados que se desprazaron ata O Val.


Sinde (O Val), 5 de febreiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
O VAL: Ángel, Daniel Fernández (Javier 40´) (Juan 75´), Carlos (David 40´), Manuel Brandeiro, Ricardo, Manuel García, Iván, Cristian, Dani Bellas, Marcos e Nicolás (Samuel 60´).
NUMANCIA: Xaime, Migui, Juan (Andrés 64´), Pepe, Piñeiro, Adrián (Dani 40´), Adri (Cabana 54´), Quique, Borja, David (Deive 40´) e Ricardo (Miguelito 40´).

COLEXIADO: D. José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol). Amonestou a Ricardo polo Val e a Juan polo Numancia.

GOLES:
O Val: Dani Bellas (2), Manuel Brandeiro e Marcos.
Numancia: Quique.

Partido que se pode resumir en poucas palabras: de pena en defensa, de vergoña en mediocampo e por dicir algo positivo, algo de pundonor na dianteira. Porque quitando tres ou catro xogadores, que viñeron a xogar ao fútbol, o resto deu a impresión de que foron de paseo ata O Val. E evidentemente con estas premisas é imposible gañar. Hoxe servímoslle tres puntos en bandexa ao rival, que a pouco que puxeron da súa parte, leváronse o partido de calle. Esperamos e desexamos que este só fose un mal partido.
A próxima xornada, outro óso duro. Recibiremos en Prados Vellos ao Ortigueira, ¿qué pasará? ¿seguiremos con esa actitude?, ¿ou terá sido só un mal partido? Saberémolo o vindeiro sábado.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.