Inicio Noticias Cadetes CADETES. MEIRAS, 2 - NUMANCIA, 3.
 
 

CADETES. MEIRAS, 2 - NUMANCIA, 3.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Meiras, 2 - Numancia, 3. Misael Prieto 27/11/10.VITORIA DOS DE ARES NA CASA DO LIDER.
Bonito e emocionante encontro o disputado no Misael Prieto entre o equipo local e o Numancia, e onde os aresáns levaronse unha merecida vitoria.

Meiras 27 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
MEIRAS: Rafael, Bieito, Bruno, Manuel (Vicente 52´), Carlos, Iván Freire, Jonathan, Adrián (Iván González 63´), José, Francisco e David.

NUMANCIA: Roberto, Darío (Alejandro 78´), Piñeiro, Pepe, Adrián (Miguelito 58´), Juan, Adri (Dani 63´), Quique, Borja, David (Roque 40´) e Ricardo (Andrés 74´).

COLEXIADO: D. Adrián González Franco (Delegación de Ferrol). Amonestou a David do Meiras e a Piñeiro, David e Roque do Numancia. Expulsou por dobre amoestación a Bruno do Meiras

GOLES:
Meiras: Carlos e Jonathan.
Numancia: Quique (2) e Borja.

 

 

Tarde con nubes e claros en Meirás, onde nalgúns momentos luceu o sol, pero que a medida que caía a tarde ésta tornouse fría. Tarde na que se enfrontaban, o líder da categoría e o Numancia, nun campo brando, pola auga caída ao longo da semana e ademais en bastante mal estado, pois con anterioridade disputarase un partido da categoría xuvenil. Estado do terreo que condicionou bastante o xogo e pasou factura a moitos dos xogadores, pois ao final do encontro o cansazo era visible en moitos deles.

Na primeira metade o Meiras tratou de xogar o balón dende atrás, pero a forte presión do mediocampo aresán non permitía enlazar as súas liñas, o que propiciaba moitas perdas de balón que os de Ares aproveitaban á contra creando moito perigo sobre a meta local. Malia o aparente domino territorial do Meiras, eran os de Ares os que levaban o perigo á área, estando a punto de adiantarse no marcador nos minutos 12 e 16, ocasións que os dianteiros fallaron en liña de gol. O Meirás crearía a súa primeira ocasión clara no 26´, por medio de José que dispara alto ao aproveitar un mal rexeitamento da defensa aresá. Pero como sempre adoita suceder, perdoas e acabas pagándoo. No 29´, balón en profundidade ás costas da defensa do Numancia que controla Jonathan, encara a Roberto e báteo por baixo, poñendo por diante aos locais, 1 - 0. Pouco duraría a alegría dos locais, pois dous minutos despois, roubo de balón de Quique en mediocampo, xogada individual, regatea a varios defensas e de disparo cruzado bate a Rafael, 1 - 1. Resultado co que nos iriamos ao descanso.

A segunda metade comezaría co mesmo plantexamento por parte dos dous equipos. Plantexamento que non tardaría en dar os seus froitos para os de Ares no 47´. Roubo de balón de Quique nos tres cuartos de campo, parede con Borja, quén controla encara a Rafael e báteo de disparo axustado á base do pau, 1 - 2. Co resultado en contra e con moitos minutos por diante, o Meiras adiantou as súas liñas e comezou a premer ao equipo aresano, que cunha defensa ben plantada contrarrestaba o xogo local e á contra creaba perigo. Nos últimos minutos do encontro, e froito do cansazo acumulado, o partido volveuse un tanto desordeado, caracterizándose por xogadas individuais e á contra, daqueles xogadores que fisicamente estaban máis enteiros. No 71´, empataría de novo o Meiras, corner que a defensa do Numancia despexa mal e Carlos libre de marca remata de cabeza ao fondo das mallas, 2 - 2. Pero de novo os de Ares volveríanlle aguar a festa á parroquia local, pois dous minutos despois 73´, tamén á saída dun corner, a defensa do Meiras non é capaz de afastar o balón da súa área, faise con él Quique, regatea varios defensas e de disparo cruzado envía ao fondo das mallas, 2 - 3. Os de Ares continuaron coa súa filosofía de xogo e no 79´, Quique a punto está de matar o encontro nun man a man co gardameta local que de sensacional parada a unha soa man evita o gol. Sen tempo para máis chegamos ao final do encontro coa vitoria aresá.

Non queda máis que felicitar aos rapaces polo sensacional encontro que nos ofreceron, polo dispendio e o pundonor despregado nun partido difícil e nunhas condicións do terreo de xogo moi adversas. Pero que finalmente se saldou cunha merecida vitoria. Os nosos parabéns.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.