Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 1 - ASPIRANTES, 3.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 1 - ASPIRANTES, 3.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 1 - Aspirantes 3. Prados Vellos.ENCONTRO AO QUE LLE SOBRARON QUINCE MINUTOS.
Sensacional e vibrante encontro o que nos ofreceron Numancia e Aspirantes, pero que nos últimos minutos, viuse ensombrecido, pola máis que xuzgable e preocupante actitude dalgúns siareiros de amboslos dous conxuntos.

Ares 6 de novembro do 2010

ALINIACIONS:
Numancia: Xaime, Miguelito (Migui 49´), Pepe, Adrián (Cabana 57´), Dani, Darío (Andrés 77´), Adri (Deive 76´), Piñeiro, Borja, Juan e David (Roque 57´).

Aspirantes: Bruno, Eduardo Pol (Víctor 27´), Diego (Alejandro 63´), Jorge, Manuel, Alberto, Eduardo Pérez (Gabriel 57´), Juan, Óscar (Sergio 72´), Eloy (Enrique 72´) e David.

COLEXIADO: Juan Carlos Fernández Martínez (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Pepe, Borja e Migui polo Numancia e a Bruno, Manuel e Óscar polo Aspirantes. Expulsou do Numancia a Juan por doble amarela, e a Dani e Xaime con vermello.

GOLES:
M 34: balón que colga Pepe á área, a defensa do Aspirantes non dá sacado o balón, faise con él Borja e bate de vaselina a Bruno 1 - 0.
M 35: saída en falso de Xaime, levase o balón Óscar e empata para o Aspirantes 1 - 1.
M 71: falta do Aspirantes ao segundo pau, mal rexeitamento da defensa aresá, e Jorge encóntrase cun balón que aos tropezóns envía ao fondo das mallas 1 - 2.
M 78: balón mal despexado por Piñeiro que recolle Enrique e bate a Pepe 1 - 3.

 


Bo encontro, bonito, de bo fútbol, entretido, con alternativas en ámbalas dúas áreas para os dous equipos. Dous equipos con ganas de gañar, dous equipos entregados, dous equipos que nos ofreceron futbol do bo, fútbol para gozar. Dous equipos que nos fixeron degustar unha primeira metade de infarto futbolístico e na que os dous conxuntos foron protagonista. Boas xogadas, grandes ocasións de gol falladas, e ao descanso xusto empate a un tanto. Un empate que facía xustiza á entrega dos rapaces.

A segunda metade comeza co mesmo ritmo que a primeira, pero a medida que pasaban os minutos foise descafeinar. Tiñamos un bo caldo para desfrutar, patacas novas e carne nova dos xogadores, un colexiado "moi discutible",  e leña de carballo achegada polos afeccionados. Os minutos pasaban e o caldo íase facendo. Pero foi tanta a leña que botamos ao lume que o caldo rematou por ferver e foise da pota quince minutos antes de que o prato estivese servido. O caldo botouse a perder. Tarxetas, expulsións. O Numancia queda con oito. Os de Ares encaixan dous goles, e remata o espectáculo. Perdeu o Numancia, venceu o Aspirantes.


¡¡¡ NON!!! Os que perdemos fomos os afeccionados, perdemos de gozar un sensacional encontro de fútbol, perdemos porque algúns botaron demasiada leña ao lume, perdemos os modais. En definitiva perdeu o fútbol.

Teremos que parar a preguntarnos que é o que queremos, e teremos que recapacitar, sobre a nosa actitude e a nosa conduta na bancada. Dende ela debemos de facer crítica construtiva, e non destrutiva. Se non, como imos poder reprochar a conduta dos xogadores, nenos. Cando o primeiro que deberíamos de facer é reprochárnola a nós mesmos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.