Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 5 - PORTUARIOS "B", 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 5 - PORTUARIOS "B", 2.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 5 - Portuarios BORJA, O PESADELO FERROLÁ

Superioridade do conxunto aresán nun encontro no que Borja foi un pesadelo constante para a zaga ferrolana.

Ares 23 de outubro de 2010

ALINIACIONS:
Numancia: Xaime, Migui (Andrés min. 69), Pepe, Darío, Adrián (Cabana min. 40), Miguelito (Deive min. 50), Adri, Miguel, Borja, Juan e David (Roque min. 63).

Portuarios B: Julián, Francisco (Alejandro Domínguez min. 56), Daniel, Sergio Castro, Alejandro, Sergio (Raúl min. 47), Jaime, Cristián (Óscar min. 56), Juan, Martín e Jorge

COLEXIADO: Julio Santiago Augusto (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a Sergio, Juan, Martín, Jorge e Raúl do Portuarios.

GOLES:
Numancia: Borja (4), Migui (1).
Portuarios “B”: Cristián e Juan.

 



Partido que aos poucos minutos do seu comezo xa se poñía de cara para os de Ares. No minuto cinco de xogo un pase de Juan entre os defensas recólleo Boja e supera de vaselina cruzada a saída de Julián, 1 - 0. Un minuto despois e os mesmos protagonistas subirían ao marcador o 2 - 0 para os de Ares, nun man a man de Borja co gardameta ao que bate de tiro cruzado. Cómoda vantaxe para os numantinos, pero con moitos minutos por diante por disputar. No minuto 10 unha perda de balón na zaga aresá, permite aos ferroláns alcanzar a liña de fondo, centro que baixa co peito Cristián e bate por baixo a Xaime, para acurta distancias, 2 - 1. Levabamos dez minutos de xogo e xa subiran tres goles ao marcador. De aquí ao descanso o dominio e a superioridade dos de Ares permitiulles controlar unha primeira metade na que apenas pasaron apuros. No minuto 24, os numantinos encarrilan de novo o partido cun sensacional pase de Juan dunha banda a outra da área que controla Migui completamente só, a baixa, a coloca, mira, dispara, e golazo por toda a escadra, 3 - 1. As oportunidades no que restou de primeira metade fóronse sucedendo unha tras outra e só a falta de acerto dos dianteiros numantinos e algunha que outra boa intervención do gardameta impediron que subisen ao marcador. Despois do gol visitante, os ferroláns apenas inquietaron a meta local, quite de algún tímido disparo dende fóra do área que Xaime detivo sen problemas.

A segunda metade volvería comezar con dúas claras oportunidades para os de Ares. No minuto 44, David faise cun balón nun mal rexeitamento da defensa visitante, pero está moi lento e o gardameta róuballe a carteira. E no 45 Miguel Piñeiro nun rexeitamento que recolle no bordo do área a punto está de sorprendelo por alto. Non fallaría Borja no 48, quen a pase de Miguel Piñeiro supera de vaselina ao gardameta para establecer o 4 - 1. Levabamos oito minutos de xogo e a intensidade e a concentración dos de Ares non diminuíra, situándoos no marcador cunha clara vantaxe. Vantaxe que se volvería acurtar no minuto 57, nun despiste defensivo dos aresás. Falta rápida que bota o Portuarios no centro do campo, a colgan no bordo do área, Xaime está lento na saída e Juan Moreno, toca o suficiente para enviar ao fondo das mallas 4 - 2. Máis esta xogada non baixou a garda dos de Ares que no 60 volveron dar outro aviso ao Portuarios nun centro chut de Juan ao que se tira ao resbalillo Borja e incriblemente non entra na meta ferrolá. E un minuto despois, xogada crave para sentenciar o encontro que non aproveitaron os de Ares, penalti sobre David, lanza Borja e paradón do meta ferrolá. O gol marcado e o penalti detido polo gardameta levantou lixeiramente a moral do conxunto visitante que durante algúns minutos achuchou a meta local, enviando un tiro ao longueiro ao saque dunha falta que Xaime toca o suficiente para desviar o balón, pero que apunto está de sorprendelo. Máis o de Ares volveron tomar as rendas do encontro nos minutos finais, dispoñendo Borja dun novo man a man co gardameta, no 71, que se salda a favor deste. E xa co partido prácticamente finalizado, minuto 79, roubo de balón de Roque en medio campo encara a porta visitante, cede sobre Borja que por velocidade desfaise do seu marcador e de vaselina supera a saida do gardameta para establecer o 5 -2 definitivo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.