CADETES. R. DE NEDA, 1 - NUMANCIA, 5.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. R. de Neda 1 - Numancia 5. Municipal de Neda.BO COMEZO DE LIGA DOS CADETES CUNHA VITORIA ANTE O NEDA.
Primeiro partido de liga dos cadetes con vitoria clara nun encontro que dominaron e no que tamén perdoaron en exceso. 

Neda 02 de outubro de 2010.

ALINIACIONES:
R. de Neda: Víctor, David, Jorge (Adrián min. 58), Raúl (Esteban min. 68), Iván, Alejandro, Tomás (Carlos Castrillón min. 40), Óscar, Pablo, Diego (Mudrik min. 62) e Carlos Graña (Mirian min. 53).
Numancia: Xaime, Javi (Miguelito min. 40), Pepe, Dario, Dani (Andrés min. 51), Migui (Jorge min. 63), Adrián Rodríguez (Adri Gómez min. 53), Quique, Borja, Ricardo (Alejandro min. 71) e Juan.

COLEXIADO: Santiago Graña Fuentes (Delegación de Ferrol). Amosoulle cartón amarelo a David Leira e Raúl Ledo polo R. de Neda.

GOLES: R. de Neda, Pablo Folgar / Numancia, Borja (3), Ricardo e Pepe.

Primeiro partido de liga dos cadetes que saldaron con solvencia, no Municipal de Neda, fronte ao equipo local, nunha tarde de moito vento que influeu bastante no xogo en especial nos balóns aéreos. Neste encontro tamén puidemos observar as evolucións e a integración no equipo de tres dos novos xogadores, procedentes do Perlio, que se incorporaron esta tempada a plantilla, e que a pesar de levar escasamente unha semana connosco deixáronnos unha boa impresión.
Os minutos iniciais da primeira metade foron moi igualados, con moito centrocampismo, e sen un dominador claro, aínda que aos poucos o Numancia iría impondo o seu xogo. Pero sería o Neda o que daría o primeiro aviso, minuto 6, nun libre directo duro e raso que toca un dianteiro local na área e que Xaime con algúns apuros envía a corner. Os aresáns a medida que pasaban os minutos foron apropiándose do partido. Froito diso, nos minutos 16 e 20, chegarían os dous primeiros goles dos aresás ambos de Borja e de xogada similar, balón en profundidade ás costas da defensa, control e disparo. No minuto 25 a piques estiveron os de Ares de marcar un novo tanto, nesta ocasión o disparo cruzado de Juan sae pegado ao pau. En pleno dominio visitante, fallo defensivo da zaga aresana, Pablo Folgar faise co balón encara a Xaime que rexeita o disparo, vólveo a recoller de novo o dianteiro nedense que nesta ocasión bate a meta aresana, 1 - 2. A raíz do gol os locais viñeronse arriba e tiveron uns minutos de bo xogo, pero sen chegar a intimidar a meta aresana. No minuto 38, gol anulado ao Numancia, internada de Borja que é derrubado polo último defensor, no último suspiro consegue rematar e gol dos aresanos, o colexiado non concede a lei da vantaxe, e inxustamente anúlao, pitando falta fora da área. Coa primeira metade prácticamente finalizada, minuto 40, falta que executa Pepe desde o centro do campo, sensacional control de Ricardo no área que remata sen oposición pero cruza en exceso o balón. Con esta ultima xogada e 1 - 2 no marcador iriámonos ao descanso.
Na segunda metade os de Ares saen a por o partido desde o asubío inicial, no minuto 2 primeiro aviso a disparo de Pepe que detén o gardameta en dous tempos. No minuto 9 Juan estrela un balón no traveseiro e no 14 un remate de cabeza de Borja vaise pegado ao pau. Os de Ares creaban e dominaban pero non materializaban as ocasións polo que a situación comezaba a crear desasosego na parroquia numantina. No minuto 16 a sombra do empate cernese sobre o céspede, balón ás costas da defensa aresá que controla Pablo Folgar, por fortuna crúzao lixeiramente e vaise fóra. Máis desasosego porque os de Ares dominaban pero non termiñaban de matar o encontro. No minuto 18 internada de Ricardo pola banda, alcanza a liña de fondo, centra, o gardameta despexa, o balón peta nun defensa e cóase en propia meta, 1 - 3. Aínda que a fortuna nesta ocasión aliouse co Numancia é de xustiza dicir que foi un xusto premio ao que estaba a suceder no terreo de xogo. Este gol terminou por matar ao equipo local que nos últimos vinte minutos viuse amplamente superado polos aresanos que gozarían de varias ocasións claras para ampliar o marcador. O que conseguirían, no minuto 34, por medio de Borja, ao aproveitar un rexeite do gardameta local, 1 - 4. E no 40, por medio de Pepe, ao executar maxistralmente un libre directo, para establecer o 1 - 5 definitivo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.