CADETES. NUMANCIA, 6 - R. DE NEDA, 0.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Numancia 6 - R. de Neda 0. Prados Vellos.PARTIDO SEN CONTRATEMPOS ANTE UN RIVAL QUE APENAS INQUIETOU A ÁREA LOCAL.
Os de Ares impuxéronse e gañaron con comodidade un encontro que dominaron de principio a fin. 

Ares 11 de setembro de 2010.

NUMANCIA: Xaime, Adrián, Pepe, Dani, Dario, Miguel, Ricardo, Juan, David, Quique e Borja. Tamén xogaron Andrés, Alejandro e Kike.

GOLES:
1 - 0: Borja (min. 19).
2 - 0: Juan (min. 21).
3 - 0: Quique (min. 37).
4 - 0: Juan (min. 38).
5 - 0: Juan (min. 58).
6 - 0: Juan (min. 74).

Ceo lixeiramente cuberto e temperatura agradable en Prados Vellos para a práctica do fútbol, nunha mañá na que se enfrontaban o Numancia e o Rápido de Neda en partido de posta a punto de cara ao vindeiro do campionato de liga.
Comezaron os locais coa posesión e o control do xogo, o que se foi materializando a medida que avanzaba o encontro. As chegadas á área por parte dos aresáns eran claras pero non se reflectían no marcador. Pola súa banda o Neda apenas conseguiu inquietar a meta numantina, un disparo afastado, un libre directo e dous saques de esquina, serían todas as súas aproximacións. Non sería ata o minuto 19 no que Borja inauguraría o marcador local ao rematar de cabeza un centro de Juan. Apenas dous minutos despois, centro de Ricardo que remata Juan de cabeza e segundo gol. Continua a posesión e o dominio local que no minuto 37 se materializaría nun novo gol, nesta ocasión, en xogada individual de Quique que bate de disparo cruzado raso ao meta visitante para establecer o 3 -0. Coa primeira metade prácticamente finalizada, disparo de Borja que o meta local non consegue blocar, Juan moi atento na área, aproveita o rexeite para enviar ao fondo das mallas, 4 -0, resultado co que se chegaría ao descanso.
A medida que foi avanzando a maña o sol e a suba de temperatura foise facendo patente, e causou efecto nos xogadores, o que propicio que a segunda metade fose menos intensa en canto a xogo. Segunda metade na que continuo o dominio e mellor xogo aresano que creou numerosas ocasións claras, que só a falta de acerto e as boas intervencións do meta nedense impedirían que subisen ao marcador. O Neda practicamente entregado ante dominio local e a adversidade do marcador, só nun forte dispara afastado, que Kike rexeitaría de extraordinaria parada, conseguiría intimidar a meta aresana. No minuto 58 centro de Quique dende a liña de fondo que Juan libre de marca só ten que empurrar ao fondo das mallas, 5 -0. E no minuto 74 rebumbio na área visitante con varios disparos por parte do Numancia que finalmente Juan envía ao fondo das mallas para establecer o 6 -0 definitivo.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.