OLI, O GRAN CAPITÁN

S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Roberto Carlos Oliveira. Oli. Entrevista.ROBERTO CARLOS OLIVEIRA: “O MEU PRATO FAVORITO É A LASAÑA QUE PREPARA A MIÑA MULLER”
Quen mellor ca Oli para iniciar esta serie de breves entrevistas cos xogadores do Numancia. Tíñao merecido, por tanta fidelidade, por coraxe, por entrega, por calidade, ... O gran capitán é o primeiro en confesarnos as súas preferencias, en ofrecer aos seus siareiros as súas opinións e valoracións.

Ares, 31 de agosto de 2010
De entrada, pedímoslle un resumo da súa traxectoria deportiva: “ Tiven momentos moi bos co Numancia, sobre todo, gañar a liga e ascender a primeira rexional. Polo demais, tamén tiven unha experiencia bastante positiva no Mugardos, xogando na Liga Galega Xuvenil e tamén en primeira rexional. Agora aporto o que podo no equipo do meu corazón, O NUMANCIA, e espero terminar a miña carreira deportiva deixando tanto nos meus compañeiros como nos afeccionados un bo sabor de boca, e intentando gañar algún título este ano. Gustaríame retirarme deixando o mellor de min no campo de fútbol e na mente dos afeccionados, que me recorden como alguén que sempre o deu todo no campo”.

-S.D.R. Numancia de Ares. Roberto Carlos Oliveira. Oli. Entrevista. Centrándonos no Numancia: Estás de acordo en que os futbolistas do Numancia sexan preferentemente de Ares?
- Si...
- Indica os aspectos positivos do Numancia?
- Compañerismo, familiaridade, boa relación entre os xogadores, ...
- E agora, cales son as carencias?
- Pouca axuda económica, desprotección dos xogadores ante unha lesión importante, ...
- En que medida afectarán as baixas de García e Julio?
- En ningunha, ... ninguén é imprescindible.
- Ten actualmente o Numancia xogadores de calidade?
- Sen lugar a dúbidas.
- Que posibilidades lle ves ao equipo nesta temporada 2010-11?
- Vexo boas perspectivas e podemos aspirar a chegar aos postos máis altos na táboa.
S.D.R. Numancia de Ares. Roberto Carlos Oliveira. Oli. Entrevista.A liga da segunda autonómica presenta ao Maniños coma claro favorito. Cales pensas ti que son os equipos favoritos para ocupar as dúas posicións de ascenso?
- Haberá que esperar a ver como se desenvolven nos partidos, pero creo que o Meirás, o Maniños e o Narón B.
- E os xogadores máis determinantes?
- Manu, Borja, ...
- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle un equipo: Depor, Rácing, Celta, Madrid, Barcelona.
- Real Madrid.
- Mellor porteiro da liga española?
- Casillas.
- Mellor defensa?
- Piqué.
S.D.R. Numancia de Ares. Roberto Carlos Oliveira. Oli. Entrevista.Un centrocampista?
- Iniesta.
- Un dianteiro?
- Higuaín.
- Mourinho ou Guardiola?
- Mourinho.
- Outras preguntas indiscretas: Cal foi o libro que máis che gustou?
- O neno do pixama a raias.
- O filme que volverías a ver?
- The game.
- Un deporte que non sexa fútbol?
- As motos e o baloncesto.
- O teu prato favorito?
S.D.R. Numancia de Ares. Roberto Carlos Oliveira. Oli. Entrevista.A lasaña da miña muller.
- A mellor praia?
- Santa Comba.
- Unha cidade?
- A Coruña, pola marcha que ten.
- Un personaxe que te impresionara?
- Lance Amstrong.
- Que país che gustaría coñecer?
- Grecia, e sobre todo, Santorini.
- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- Moi boa.

Grazas pola túa colaboración e sorte nesta temporada, Oli.
A próxima entrevista terá como protagonista a Borja Carballo.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.