Entrevista a Alberto Permuy Uría, "Berto".

 micro.png"A COPA É UNHA COMPETICIÓN BONITA NA QUE TODOS TEMOS UNHA MOTIVACIÓN ESPECIAL"

Nesta semana especial para o primeiro equipo do Numancia, quixemos falar cun dos seus capitáns, Alberto Permuy, "Berto", para coñecer o sentir do vestiario antes do derbi deste domingo ante o Galicia de Mugardos. Alberto, con 20 anos é xa un dos veteráns dun equipo no que leva xogando asiduamente dende o seu primeiro ano de xuvenil, sendo actualmente un baluarte da defensa e o segundo capitan do Numancia de modestos.

 


Alberto Permuy Uría. Jugador del Numancia de Ares de Aficionados 2017-2018N: - Bueno Berto, tedes a toda a familia do Numancia volcada con vos e pensando no derbi deste domingo. ¿Qué valoración nos fas desta competición de Copa?

B: A Copa é unha competición especial, e dende o primeiro partido da previa en Moeche todo o equipo a afrontou cunha motivación especial. Pouco a pouco, conseguimos ir pasando rondas, ata chegar ata esta semifinal co Galicia do Mugardos. Pase o que pase o domingo, penso que xa fixemos unha gran competición copeira. Iso si, agardamos ter sorte o domingo para dar a sorpresa e chegar a final.


N: - Qué Galicia de Mugardos agardas en Prados Vellos:

B: -Está claro que eles a priori son superiores a nós. O quinto clasificado da Primeira Galicia, que tiña como claro obxetivo o ascenso á Preferente e que conta con xogadores de sobra contrastados no fútbol da bisbarra, ten que ser o favorito nesta eliminatoria. Pero tamén é certo que tal e como se viu ante o Eume Deportivo, a Copa e unha competición diferente e nun derbi pode pasar de todo. No que se refiere a motivación e ilusión non van a ser superiores ao Numancia.


N: - ¿Como valoras a temporada ata o momento?

B: - Quizáis despois da boa clasificación do equipo na Primeira Fase, a xente esperaba algo mais do equipo na Segunda Fase; pero logo da cantidade de baixas que sufrimos tanto por lesións como por motivos laborais, creo que estivmos onde merecimos, pero sempre sendo conscientes que con traballo e compromiso a próxima temporada poderíamos estar un paso mais arriba.

Alberto Permuy Uría. Jugador del Numancia de Ares de Aficionados 2017-2018N: - ¿Como valoras o apoio da afición durante a temporada?

B: - A Marea Vermella e un luxo para calqueira xogador do Numancia. Sempre están presentes nos desprazamentos, incluso nas tardes frías do inverno. O de Prados Vellos xa é outro nivel, xa que somos un dos equipos da categoría que mais xente leva o campo. Este domingo, sabemos que Prados Vellos vai a presentar unha magnífica entrada, algo que a bo seguro será un gran apoio para o equipo nos momento mais difíciles do partido.

N: - Moitas grazas, Berto, polo teu tempo e boa disposición para a páxina web do Numancia.

B: - Gracias a vos. A día de hoxe a tecnoloxía axuda moito a coñecer o traballo do club. ¡¡¡Vémonos todos o domingo en Prados Vellos¡¡¡

Como védes, os nosos xogadores están motivados e ilusionados con ofrecer unha gran imaxe este domingo no derbi ante o Galicia de Mugardos. Dende a unión e a forza dun grupo de xóvenes rapaces, ben de Ares ou ben formados na canteira de Prados Vellos, o Numancia buscará dar a sorpresa e conseguir o pase a gran final de Copa. ¡¡¡Non o podes perder¡¡¡ O domingo as 18:30, pasamos lista en Prados Vellos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.