JORGE BARROS, DE PROMESA A REALIDADE

 S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Jorge Barros Vilasánchez.“SÍNTOME MÁIS CÓMODO XOGANDO NO CENTRO”

Retomamos as entrevistas cos nosos xogadores, escollendo a un rapaz “numantino de sempre” e que está chamado a ser un dos líderes do primeiro equipo: Jorge Barros Vilasánchez.
Ares, 4 de novembro de 2010
- Jorge, resúmenos  a túa traxectoria deportiva:
- Pouco hai que dicir, empecei con 7 anos neste club e dende aquela ata hoxe, e esperemos que máis tempo.
- Primeira temporada en afeccionados e titular. Esperabas esta situación?
- A verdade é que non esperaba ser titular ó principio da temporada pero si sabía que tarde ou cedo, o conseguiría.
- S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Jorge Barros Vilasánchez.Pola banda esquerda e tamén no centro. Cal das dúas posicións preferes?
- Eu prefiro xogar polo centro porque me sinto máis cómodo e entro máis en xogo, pero xogar na banda tampouco me incomoda.
- A balón parado vés sendo unha referencia. Tes algunha instrución do adestrador para estas xogadas de estratexia?
- Non, ningunha.
- Que aspectos do teu xogo destacarías?
- Destacaría a visión de xogo.
- E en cales deberías mellorar?
- En todos os aspectos teño que mellorar pero principalmente no aspecto físico.
- S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Jorge Barros Vilasánchez.Iván Núñez, Iván Fenández, Antón, Pedro e ti, subistes esta temporada desde os xuvenís. Consideras que o Numancia debe seguir traballando desta maneira, promocionando aos rapaces de Ares?
- Sí, e máis agora que temos un campo novo onde se pode traballar todo o ano. Isto vaise notar moito nas xeracións futuras.
- Que cambios destacarías con respecto a outras temporadas? Por ex. nos adestramentos...
- Eu destacaría a intensidade nos adestramentos e nos partidos, para min ese foi o gran cambio.
- Álex García para o Galicia e Julio no Eume, dous xogadores da casa que preferiron “ascender” de categoría. Cales son as túas expectativas para as próximas temporadas?
- Seguir disfutando de minutos e se pode ser manterse no once durante as próximas temporadas.
- Valoremos a entidade: Indica os aspectos positivos da SDR Numancia?
- O aspecto positivo que nos define é o ambiente de familiaridadeS.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Jorge Barros Vilasánchez.
- E agora, cales son as carencias?
- Para min a única carencia é a falta de alumeado, esperemos dispoñer del para a próxima temporada.
- Despois de dous meses de competición, como está o equipo?
- Eu vexo o equipo motivado e con ganas de facer as cousas ben, a pesar das tres derrotas.
- Ten actualmente o Numancia xogadores de calidade?
- Si e eu creo que ten varios xogadores que marcan a diferencia nesta categoría
- Que obxectivos vos marcades para esta liga?
- Estar entre os catro primeiros.
- Esta liga da segunda autonómica presentaba ao Maniños coma claro favorito. Cales pensas ti que son os equipos favoritos para ocupar as dúas posicións de ascenso?
- S.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Jorge Barros Vilasánchez.Eu nesta categoría aínda estou un pouco perdido e non coñezo a todos os rivais pero o favorito para min é o Cariño.
- E os xogadores máis determinantes deste grupo de segunda autonómica?
- Non sei cales son os máis determinantes pero eu creo que o xogador máis determinante témolo nós.
- Para saber un pouco das túas inclinacións futbolísticas, aí van estas preguntiñas: Escolle un equipo: Rácing, Depor, Celta, Madrid, Barcelona.
- Madrid
- Mellor porteiro da liga española?
- Casillas
- Mellor defensa?
- R.CarvalhoS.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Jorge Barros Vilasánchez.
- Un centrocampista?
- Xavi
- Un dianteiro?
- Ronaldo
- Mouriño ou Guardiola?
- Mouriño
- Outras preguntas indiscretas: Cal foi o libro que máis che gustou?
- Rebeldes
- O filme que volverías a ver?
- S.D.R Numancia de Ares. Aficionados 2010-2011. Jorge Barros Vilasánchez.Non me gusta o cine, a verdade
- Un deporte que non sexa fútbol?
- Tenis
- O teu prato favorito?
- Espaguetis
- Bicicleta ou Moto?
- Moto
- A mellor praia?
- A de Chanteiro
- Unha cidade?
- Roma
- Un personaxe que te impresionara?
- Rafa Nadal
- Que país che gustaría coñecer?
- Grecia
- Supoñendo que segues a web do Numancia, que valoración che merece a información que ofrece?
- 8 sobre 10.
Moi agradecidos pola túa atención, Jorge e parabéns pola temporada que estás realizando, aínda que sabemos que podes e debes mellorar.
S.D.R. Numancia de Ares. Los inicios de Jorge Barros Vilasánchez en el club. El tercero por la parte superior derecha.
 
 
 
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.