Inicio Entrevistas Afeccionados GERMÁN, PRESIDENTE CLUB DE REMO DE ARES.
 
 

GERMÁN, PRESIDENTE CLUB DE REMO DE ARES.

"OS NOSOS REMEIROS PÓDENSE COMPARAR CON CALQUERA REMEIRO DA ACT"

Germán Sánchez leva oito anos de presidente e moitos máis de directivo do Club de Remo de Ares, un deses homes imprescindíbeis que fan posíbel a supervivencia de clubs pequenos...

Ares, 17 de agosto de 2016.

... e familiares como este. Esta temporada están conseguindo unhas marcas históricas na Liga Galega de Traiñeiras, con catro bandeiras que viñeron para Ares e a un punto na clasificación da superpoderosa Samertolomeu de Meira. Con este motivo, e ás portas da celebración da IX Bandeira de Ares (sábado, 20 de agosto), acudimos ao local do club para manter unha conversa, centrándonos na modalidade das traiñeiras.

ADR Numancia de Ares. Germán, Presidente do Club de Remo de Ares. "Os nosos remeiros pódense comprara con calquera remeiro da ACT"

- A falta de 3 regatas, estades disputando con Meira o título de Liga. Como é posíbel? 

- É posíbel porque se leva feito un traballo de moitos anos atrás cos adestradores de infantís, de política de canteira contando con Tombolato, o adestrador de toda a vida, e Agustín, o adestrador da traiñeira que leva oito anos cos seniors. A política do club é a de traballar cos remeiros do club.

- Tan bos son os remeiros?

- Hoxe en día pódense comparar con calquera remeiro a nivel nacional, tanto da ACT coma da Liga Galega

- E o adestrador, Agustín, está demostrando que a súa planificación foi acertada?

- Agustín ten totalmente o apoio da Xunta Directiva e ao mesmo tempo, os remeiros están con el.

- Parece un soño, estar á altura de clubs case profesionais, como Meira, Tirán ou Cabo. Vendo as vosas instalacións e comparándoas coas deses clubs, non e dificil pensar na mellora das mesmas?

- Hai que pensar que o club ten 59 anos, así que claro que se nos fai pequeno para meter os barcos. Despois, ano a ano imos mellorando o ximnasio, p. ex., fomos adquirindo ergómetros. Se me preguntas por un foso, xa che digo que non é viable.

- Como inflúe o material de que dispoñedes? Oín dicir que mellorastes a traiñeira e mesmo adquiristes uns remos novos. Que tempo ten a traiñeira e como a conseguistes?

- Comprámolo no 2002 a Urdaibai (Bermeo) e o ano pasado fixémoslle unha reparación grande, mellorándoa. Hai que ver que o remo é un deporte moi caro: a roupa dos remeiros vale unha pila de diñeiro e o material é carísimo. Este ano compramos os remos da traiñeira e pagamos cerca de 500 € por cada un.

- Conseguida a clasificación para a previa da Concha, haberá que centrarse agora na consecución do título na Liga Galega. Ves posibilidades?

- Agora mesmo si, pero se a principio de temporada me din que iamos gañar catro bandeiras non o creo. Eu asinaba por gañar un par de bandeiras e estar pola zona alta. Pero a día de hoxe está claro que hai que loitar pola Liga, iso si, sen comernos nada o tarro. Para nós a regata deste sábado vai ser unha regata máis. Coma presidente desexo que todo saia ben, tanto en terra coma no mar. E oxalá gañemos a regata, sen dúbida. Ímosllo poñer difícil a Meira pero tampouco sería un fracaso se non gañamos.

- Que resultado vaticinas para este vindeiro sábado?

- Sinceramente, penso que imos gañar

ADR Numancia de Ares. Germán, Presidente do Club de Remo de Ares. "Os nosos remeiros pódense comprara con calquera remeiro da ACT"

- Economicamente, sabemos que o club non anda precisamente sobrado de recursos. Cales son as necesidades máis imperiosas?

- O primeiro sería conseguir un patrocinador, ter unha empresa que che puidese poñer unha cantidade boa, que nos chegase a cubrir o 30- 40 % do orzamento do club.

- Agora mesmo, as aportacións dos patrocinadores, que porcentaxe cobren?

- Hai dúas empresas que nos botan unha man, Elinco, Construcciones Eléctricas e Norinver, Montajes e Ingeniería. Ademais, están deixándonos a furgoneta e parece que nos van axudar no desprazamento da Concha pero non resulta suficiente. A ver, é unha axuda importante, porque todas as fins de semana temos que alugar unha furgoneta e son case 200 € o custo, así que se Norinver che presta a furgoneta pois é un diñeiro que aforras. Tamén nos pagaran o ano pasado o combustible.

- Sentes que a afección aresá está apoiando xustamente ao club? Cantos socios hai? 

- Isto é coma todo, cando as cousas che van ben, é unha ola, vas arriba. Agora ben, a mentalidade de Ares é moi difícil, a nivel xeral. Si hai xente que sabe o que é o remo, que colabora co club pero é triste que nunha vila coma Ares que ten máis de cinco mil habitantes, só teñamos 124 socios que veñen pagando 20 € ao ano.

- E os medios de comunicación locais tampouco lle están dando o tratamento merecido. Por que será?

- Efectivamente non hai a difusión que merecería. A nivel local, só informa o Diario de Ferrol. O da Voz de Galicia é moi triste, se ata o Faro de Vigo che está dando a información dos resultados do C. R. de Ares e estes de aquí nos ignoran.

- Quédanos valorar o apoio das institucións. O concello de Ares pórtase ben co club? 

- Si. Ata agora está colaborando perfectamente, en actos puntuais coma o palco para a regata, a bandeira, nas escolas deportivas, … Sabemos que o concello de Ares non ten uns ingresos importantes e que, por tanto, non pode repartir grandes subvencións. Tamén é certo que hai outras entidades que levan máis cartos que o Club de Remo, sobre todo en instalacións. Por certo, o local que temos fixémolo nós, con axudas pero todo o fixemos nós.

- De quen te acordas agora, nestes momentos de éxito?

- Pois mira, da xente que comezou aquí coma Durán e Carlos Barreiro, presidentes que no seu día se involucraron moito no club.

- Viaxando á historia das traiñeiras no Club de Remo de Ares, cales son os logros obtidos? Indo por épocas, podemos comezar polos anos 60.

- Eu desa época non lembro moito. Teño lido que había unha traiñeira “Aresanita” que fora ao Campionato de España que se celebrara na Coruña e quedaran na sétima posición.

- Unha segunda época foi nos anos 80, exactamente volveuse participar nunha regata de traiñeiras, despois de vinte anos, en xullo de 1984, en Castropol. Que lembras desa época?

- A ver, foi xente que aguantou a traiñeira e a eles lles debemos o que temos agora. Daquela ían a todas as regatas, lembro mesmo cando foran á Rianxeira pero, por certo, antes non se organizaba a bandeira en Ares.

- A actual Liga Galega de traiñeiras parece que está collendo forza. Botou a andar no 2003 e desde o 2012 está dividida en dous grupos. Ares quedou campión da Liga B no 2013 e tres anos despois ten ao alcance o título da Liga A. Que valoración che merece?

- Pois é a proba de que estamos facendo un traballo bo. Coincide que temos unha promoción de remeiros de 22 - 25 anos que levan xa uns anos na traiñeira e esperamos que aguanten uns catro ou cinco anos máis.

- Está funcionando ben este sistema de 2 categorías?

- Si, con matices. Eu penso que a Liga é moi longa, moi bonita pero moi longa. Son unhas 12 regatas nas fins de semana que resultan moi duras, tanto para os remeiros coma para os clubs. Pensa o sacrificio que fan estes rapaces de 20 anos que non teñen un sábado libre para ir ás festas.

ADR Numancia de Ares. Germán, Presidente do Club de Remo de Ares. "Os nosos remeiros pódense comprara con calquera remeiro da ACT"

- Das 4 bandeiras conseguidas, algunha en especial que te ilusionara máis?

- Home, si. A bandeira que trouxemos da Pobra do Caramiñal, porque lla gañamos a un rival directo na súa casa. Tamén che digo que me gustaría ter gañado a de Meira.

- No Teresa Herrera coruñés (a Concha galega, segundo algúns), e na bandeira da Deputación de onte, estivestes moi cerca de clubs coma Cabo de Cruz, oitavo na ACT. Ves posibilidades deportivas e económicas de conseguir entrar nesa Liga?

- Deportivas, si; económicas, non. Si vexo posibilidades de pelexar con Ondárroa, Zumaia  ou Portugalete deportivamente. Agora ben, para nós resulta imposible chegar a cubrir un orzamento de 100.000 € que son os cartos que se necesitan para participar na ACT.

- Para rematar esta entrevista, queda preguntar polo futuro. Hai canteira detrás que lle poida dar continuidade á traiñeira, mantendo este nivel de competitividade?

- Agora mesmo non hai unha gran canteira así que teñen que aguantar os que están agora e esperar que suban os rapaces que andan por cadetes e infantís. Este ano os nosos cadetes quedaron campións en 4 scoul. Por certo, non puideron ir ao Campionato de España de banco móbil por carencias económicas. Pensa que no que levamos de temporada temos por cobrar uns 15.000 € das regatas nas que participamos esta temporada, por non citar as regatas de hai 2 anos en Lugo que están sen cobrar. Xa podes ver como está de complicado este mundo do remo. Volvendo ao tema dos socios, mira en Cabo de Cruz que teñen 500 socios que pagan 36 € ao ano, só da parroquia de Cabo (os de Boiro, non son socios de Cabo). É certo que tamén teñen o patrocinio das empresas de Boiro pero tamén aquí podiamos ter o apoio de Reganosa e xa ves.


Realmente meritorio os resultados que está logrando este Club de Remo de Ares, moi por riba das posibilidades económicas do club, falto dun patrocinador que si teñen outros clubs, mesmo da comarca. 

Pois rematamos esta entrevista deixando a Germán e a toda a familia do remo aresán cunha enorme ilusión depositada na IX Bandeira de Ares que se disputará na tarde deste vindeiro sábado, 20 de agosto.








 
Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.