Inicio Entrevistas Afeccionados CONFESIÓNS DE PICAS (2ª PARTE)
 
 

CONFESIÓNS DE PICAS (2ª PARTE)

NUMANCIA SDR 2009. ENTREVISTA A PICASPICAS: " ERA TÉCNICO E MOI LISTO E HÁBIL NA ÁREA"

 

            Despois das lembranzas do seu bo amigo Pedro, nesta segunda parte ímonos centrar neste singular persoeiro, neste hosteleiro aresán que rexenta o “Lar de Picas” cuxo nome sobrepasa as fronteiras de Bezoucos.


        Quen non coñece as súas debilidades futbolísticas?. Non hai máis que entrar no Lar de Picas e observar os cadros. Dicir que esta entrevista se realizou na trastenda, onde destacan dous cadros: un coa foto de estadio Bernabeu e ao seu carón o retrato de Butragueño. Confeso seguidor do Numancia, do R. Madrid (“eu xa era un fanático de Amancio cando xogaba no Deportivo”) e do Galicia de Mugardos (por esta orde de preferencia, segundo aclara el mesmo). Aclara a súa querencia polo Mugardos explicando que no 74, cando se desfixo o Numancia, xunto con Dieguito fichara no Galicia, equipo no que xogara dúas temporadas. Lembra que cobraba 12.000 pts. Engade que “haberá xente que non o entenda pero estoulle agradecido ao Galicia de Mugardos, onde me deron a oportunidade de xogar en Rexional Preferente”.

 

 

        
NUMANCIA SDR. 2009. ENTREVISTA A PICAS

   
A súa madridite xenera e desata as paixóns durante os partidos do Madrid ou do Barcelona: “aquí no bar é todo un espectáculo. Cando gaña o Madrid disfrutamos todos, pero cando gaña o Barça putéame todo dios e os do Madrid se van, ou sexa, que quen ten que capear o temporal son eu. Pero non pasa nada. Mira, cando máis traballo é cando o Barça gaña os títulos e a xente me vén a vacilar e toma cubatas. Cando gaña o Madrid xa é aparte, porque disfrutamos todos. Teño unha anécdota: cando este ano o Madrid perdeu 2-6 no Bernabeu, ao marcar o quinto gol o Barça puxéronse todos a vacilar e eu, que fixen?, pois poñer o himno do Madrid. Se eles vacilan, eu tamén, e non pasa nada. Foi unha festa”.

            A continuación imos ter información do Picas futbolista.

-                     Cando empezaches a xogar e onde?

-                     Empecei a xogar de chavaliño, no 69-70 no campo vello. Daquela non existían as categorías inferiores e había un señor que lle chamaban Nacho e que xuntaba aos mellores rapaces de Ares para o seu equipo. Xogabamos uns campionatos entre equipos como o do Lago, o do Porto, o de Nacho, ...por certo, os que xogaban no equipo de Nacho despois subían ao equipo de xuvenís do Numancia

-                     Como eran aqueles equipos e os campos?

-                     Antes practicábase moito máis o fútbol na rúa. Saías de traballar ou de estudar e ías xogar ao campo de fútbol. Era a ilusión de todos os rapaces. E os campos non eran coma os de hoxe, aínda que nós tiñamos unha vantaxe porque se chovía, esperabas dúas horas e ao ser de area chupaba toda a auga. Pero había outros campos moi malos. Os mellores eran os campos do Galicia de Mugardos, do Barallobre e do Meirás.

      Lembro que había unha tremenda rivalidade entre o Ártabro de Cervás, o Galicia de Mugardos e o Numancia de Ares. No Ártabro, que tiña o campo en Lubre, xogaban Pita (ex-presidente do Numancia), Guillermo, Capelo, Juanciño, Carlos,... e outros que despois viñeron xogar ao Numancia.

-                     Cóntanos a túa etapa de xuvenís.

-                     Tiñamos un equipazo aínda que nunca gañamos nada. Non sei se fallabamos nós ou sucedía que os outros eran mellores. O caso é que nunca gañamos nada, ao máis que chegamos foi a unha semifinal que perdimos co Perlío. Lembro especialmente o partido do 15 de agosto do 1972, cando se inaugurou o campo da Pedreira co partido entre o R. Ferrol e o Deportivo. Pois o día anterior, xogamos contra o Galicia e perdimos 3-1. Foi unha ilusión tremenda xogar naquel campo no ano 72.

-                     Xa en afeccionados, cal foi a túa traxectoria?

-                     No 74-75 e 75-76 xoguei no Galicia de Mugardos en Rexional Preferente. Había un nivel moi alto equivalente a unha 2ª B actual. Nesta entidade aprendín moitísimo. Había un respecto tremendo, controlábanche a hora de entrar, o peso, ... era un mundo diferente ao que nós estabamos vivindo. E había grandes xogadores, por encima de todos estaba Pacucho que marcou unha época. Por certo que Pacucho tamén xogara no Numancia. Despois estaban outros grandes xogadores coma Sanesteban e Jesús Manuel (un gran central)

      No ano 76 fun para a Marina e na temporada 79-80 volvín ao Numancia onde estiven ata a temporada 82-83, cando o Numancia quedou campión. Esta última temporada só xoguei os primeiros partidos porque foi cando collín o bar. O adestrador era Colé e xogaba xente coma Diego –para min o mellor, aínda que non se coidaba nada-, Jimmy, Jesús Manuel, Julito, ... tiñamos moi bo equipo.

      Na temporada anterior quedaramos segundos por peor golaverage có Meirás. Lembro que xogabamos no campo do Barallobre –non tiñamos campo-, ás 11.30 da mañá. Daquela ían dous autobuses de Ares a ver os partidos a Barallobre e había que levantarse antes para ir pintar o campo. O adestrador era Nando

-                     Defínete como xogador, cales eran os teus puntos fortes?

-                     Era técnico e moi listo e hábil na área. Logo tiña unha virtude: estaba sempre no sitio, fallaba alguén e eu estaba alí. Tamén tiña un bo remate de cabeza ainda que son baixo. Outra faceta destacable foron os lanzamentos de penaltis: tirábaos todos e apenas fallei un.

-                     Goles máis importantes?

-                     Un que lle marquei ao Mandiá en Barallobre e que me permitiu quedar de máximo goleador en 2ª Rexional con 35 goles na temporada 80-81. Na seguinte marquei 36 goles e quedei de segundo máximo goleador (o primeiro fora un rapaz do Meirás)

-                     O mellor gol teu. Como foi ?

-                     Eu marquei moitos goles bos

-                     A mellor temporada e o mellor equipo?

-                     O mellor equipo foi o da temporada 82-83, na que se fixo doblete: campións de Liga e Copa

-                     O mellor adestrador?

-                     Colé foi un dos mellores adestradores. Cando chegou trouxo disciplina e seriedade ao club. O vestiario cambiou moito con el.Outro bo adestrador foi Saracho pero traia unha filosofía diferente á do club e non encaixou. Ademais, está Taino, un rapaz que fixo un labor enorme coas categorías inferiores, estando con Pedro e que poucos valoran. Tamén hai que citar a Jose Mahía e Ángel Mahía, en etapas diferentes. Mención aparte para os irmáns Veiga. Non querían vir adestrar ao Numancia. Despois de adestrar aos xuvenís do Galicia quedaran sen equipo. Entón eu que os coñecía díxenlle a Pedro que falara con eles e convencímolos para que viñeran a Ares. Aquí fixéronnos campións de Liga

 

            Comenta a paréntese vivida no Numancia: “no 74 os directivos venderan o campo de fútbol e quedámonos sen Numancia ata a temporada 79-80 en que nos xuntamos un grupo de amigos e presentamos novamente o Numancia. Uns eran directivos, outros xogadores, todos colaboramos. Recordo que había que andar subíndose aos postes para enganchar a luz, non tiñamos instalacións e íamos a cambiarnos á pista de fútbol sala,... Como presidente nomeamos a Antonio “Toñito o barbeiro” e o adestrador era Nando, un rapaz que xogara no Galicia e no Numancia

            Os rapaces de Ares tiñan que marchar a outros equipos da comarca: Barallobre, Perlío, ... rapaces como Ángel Mahía, Chemari, Agustín, todos estes comezaron fóra porque o Numancia non tiña categorías inferiores. Despois volveron. 

  
     PROXIMAMENTE, NA 3ª ENTREGA, COMENTARIOS SOBRE A ACTUALIDADE DO NUMANCIA
  

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.