Inicio Entrevistas Adestradores FRAN BARDANCA, ADESTRADOR DE CADETES
 
 

FRAN BARDANCA, ADESTRADOR DE CADETES

NUMANCIA SDR. ENTREVISTA A BARDANCA. AGOSTO 2009BARDANCA, SÍMBOLO DO NUMAN
En todos os clubs hai xogadores-símbolo, xogadores que con só pronunciar o seu nome xa salta a imaxe do equipo, tanta é a pegada que deixaron que están condenados de por vida a representar ao equipo dos seus amores. Este é o caso do noso protagonista, Fran Bardanca, un dos grandes homes que xa fixo historia no Numancia.

 

1.         TRAXECTORIA DEPORTIVA.

Comezou no equipo alevín con tan só nove anos. Lembra que o seu adestrador era Ángel Mahía e como compañeiros tiña a Esteban Ferro, Gil, Alberto Saavedra, Pedro, Jorge (seu irmán), Adolfo,... desta etapa destaca un subcampionato.

Xa en infantís, tivo a Manel Pérez e a Juan (de Caranza) como adestradores e algúns compañeiros coma Nico Oliveira.

En xuvenís só xogou unha temporada, con  Pacucho, o pai de Marcelino, de adestrador. Marchou por motivos laborais para Santander e non puido disputar o partido da final da Copa da Ría contra o Perlío. Esa final gañáraa o Perlío por 2 – 1, e o gol da vitoria do Perlío fora materializado polo aresán Chemari.

Dous anos despois regresa a Ares e disputa as últimas xornadas da temporada co equipo de modestos (aínda tiña ficha de xuvenil). Lembra especialmente o día que saiu coma titular, co campo cheo de público: “alucinaba, foi tremendamente ilusionante”

Xa como afeccionado tivo coma adestradores: Jesús,.Juan Couce, Taino, e Ávila e suliña que coma compañeiros na primeira temporada estaban entre outros, Jimmy, Mon, Peinado e Jesús Manuel que foran campións no 83. Tamén se lembra de Cartelle, Chemari, Josiño, Rafita, Marcelino, Agustín, Lino, Oliveira, Zalo, ...

 

CO GALICIA MUGARDOS EN PREFERENTE

Aos 23 anos ficha no Mugardos aínda que estivera a piques de cambiarse ao fútbol-sala e fichar no Seur de Coruña. No Galicia xoga durante dúas temporadas en Primeira Rexional, tendo de adestradores a Manel Pérez e a Pacucho. “Foron dúas temporadas regulares deportivamente. Confíaba en disfrutar máis nestes anos.”

 

REGRESO AO NUMANCIA

No 94/95 regresa ao Numancia, estando Juan Couce de adestrador. “Fixemos unha temporada bastante mala, non había moi bo equipo, eran moitos cativos subidos de xuvenís”.

No 95/96 adestrouno Taino. “Quedamos subcampións despois dunha primeira volta na que fomos penúltimos. Se a liga dura dous partidos máis seriamos campións. A explicación está en que Taino traballaba moito a parte física e na segunda volta estabamos como touros e saímonos. Quizá foi a miña mellor temporada no Numancia. Debín meter máis de vinte goles, tirando penaltis, faltas e todo”

 
NUMANCIA SDR. BARDANCA, AGOSTO 2009

DE NOVO AO GALICIA

Ao remate desta temporada o Mugardos volve chamar á súa porta: “O adestrador que fichara o Galicia, Fariña, pediulle á directiva que me viñeran fichar. Coñecíame de enfrontarme ao Monfero (equipo no que adestara esa temporada). Viñeron a buscarme. Daquela estaba Pedro de presidente e non puxo ningunha traba.

No Galicia, a temporada 96/97 foi a súa mellor temporada, quedando de 2º máximo goleador xogando de media punta. “Tiñamos un equipazo. Estaba Chente, Oliveira, Marcelino, Jose e seu irmán xemelgo, todos de Ares ademais dos cedidos do Endesa e do Rácing.”

A temporada seguinte 97/98 volveu Pacucho (aínda hoxe non entendo porqué non seguiu Fariña). “Persoalmente foi unha campaña mediocre, metín só 8 goles, rendín por baixo das miñas posibilidades”.

     

ÚLTIMA ETAPA NO NUMANCIA

Regresa ao Numancia no 98/99 : “Os Veiga, compañeiros meus no Mugardos, ían adestrar o Numancia e pediron que todos os aresáns que estabamos xogando por aí volveramos a casa. O primeiro ano quedamos subcampións”.

E chega o ano do título, temporada 99/00: “Tiñamos un superequipazo”.

00/01: “Xa en 1ª rexional fixemos unha temporada moi boa, quedamos de quintos.”

01/02: “Salvámonos do descenso de milagro”.

02/03: “Marcharon os Veiga, marchou Pedrito, Chente,... moita xente. Só quedei eu acompañando a moitos cativos. O adestrador foi Julio Mourón. Descendimos e decidín retirarme con 32 anos. Non tiña aliciente, non tiña aquela alegría ... que conste que me viñeron buscar o Barallobre, o Maniños, ...pero non. A mala temporada que fixemos desilusionoume bastante. Non había tanta xente de Ares, non había o espírito numantino, o sentir a camiseta, ...”

Despois deste breve percorrido pola súa traxectoria futbolística, continuamos a entrevista con Bardanca, interesándonos por outras cuestións

-          Cales eran as túas características como xogador?

-          Defínome como un xogador técnico, pouco defensivo, e especialista en lanzamentos de faltas e penaltis.

-          Cóntanos cal foi a túa mellor  experiencia no Numancia.

-          Un ano que estaba Pedro só na directiva, e aparte de adestrar, os domingos pola mañá viñamos pasar o pisón cun tractor, levabamos as fichas a Coruña, organizamos porras para sacar cartos para o club, ... esa temporada marcoume porque eramos unha familia: as mozas dos xogadores, amigos,.. Foi un ano moi bo. Todo o que conseguiamos era a base de traballo, de unión, .. Íamos polos bares pedindo balóns,

-     E a túa mellor temporada?

-     A terceira temporada do Mugardos con Fariña de adestrador foi moi boa. Porén, a mellor de todas con diferenza, foi cando quedei campión de Liga no Numancia cos Veiga. Había un ambiente moi bo, unha plantilla excepcional e uns adestradores extraordinarios. O club funcionaba moi ben: boa directiva, moita afección,

-     O teu gol máis importante?

-     O que significou o empate co Maniños. Íamos perdendo 1-0 e no m. 92 pitan unha falta directa ao borde da área. Ese punto nos valeu para quedar subcampións de liga con Taino.

-     E o gol máis bonito?

-     Nun partido Numancia – San Pablo gañamos 6-2, metín 3 goles (a única vez), e o segundo gol que metín foi así: Chemari me dá un pase por arriba, desde o medio do campo, fago un control de exterior sen deixar caer o balón, condúzoo cara o porteiro e ante a súa saída, sen deixalo caer fago outro control de exterior e de volea marco o gol. Foi o que máis me gustou porque ese día estaba o campo a tope e recibín a ovación máis grande da miña vida.

-     A que xogadores destacarías da túa época?

-     Polo que me ensinaron como persoa, Jimmy e Peinado; pola súa calidade técnica, Zalín, Pedrito e Agustín ; no Mugardos, Nacho Novo, Emilio, Tuto; e de porteiros, Andrés.

 -    Atréveste a dicirme cal foi o teu mellor adestrador?

-     Tiven catro adestradores que me marcaron: Ángel Mahía cando era pequerrecho porque para min como adestrador de pequerrechos foi o mellor da ría, polo trata que tiña cos chavales; Taino, no aspecto físico; Fariña, no aspecto táctico; e, como adestradores máis completos, máis profesionais, os Veiga.

 

  1. ADESTRADOR : "Permuy debutou comigo"

Adentrémonos agora no labor que está realizando na actualidade, na súa faceta como adestrador.

-     Cando comezaches a adestrar e con que categorias?

-     Comecei cando o Numancia me pedira levar as escolas municipais de fútbol-sala. Eran cativos de sete,oito anos. Despois adestrei fútbol-7 : “Tiven a sorte de facer debutar con seis anos a Permuy. O nome de Peque puxémosllo nós porque era tan pequeniño que ao lado dos demais parecía un boneco. Xa nos chamba a atención porque era moi valente, moi atrevido.”

Tamén adestrou en cadetes: “daquela época só queda un adestrando co primeiro equipo: David Michi. Algúns foran á selección ferrolá, coma Javi Peinado. En fútbol-7 quedaramos subcampións do noso grupo no torneo de Pontedeume.     

En xuvenís adestrou media temporada. Máis adiante estivo de 2º adestrador de xuvenís e de modestos (con Manel). “Foi unha boa etapa onde iniciamos un labor de eliminación de tarxetas, de quitarnos a fama de equipo pirata, de disciplina.”

A última temporada estivo colaborando con Juan Alberto, adestrador dos modestos.

-     Cales son os aspectos máis gratificantes?

-     A satisfacción máis grande que pode ter un adestrador é que o que traballas durante a semana, no partido do sábado ves que che devolven ese traballo.

-     O Numan ten varios adestradores que foron xogadores. Que opinas deste tema: paréceche positivo que os veteráns se involucren colaborando na formación dos nenos?

-     Agora mesmo, temos a Juan Alberto cos modestos (paréceme moi positivo); Pedrito (xa o ano pasado fixo un labor fantástico). Penso que é positivo e necesario, mesmo opino que debería haber máis e que quizás non se fala coas persoas adecuadas. Comigo, p.ex. falastes este ano pero levo moitos anos por aquí e nunca ninguén me ofrecera adestrar categorías de base. Outros xogadores coma min que tamén podían adestrar, igual ninguén falou con eles.

-     Optarás por realizar os cursos de formación para adestrador?

-     Como non me vou dedicar a iso, simplemente me gustaría adestrar por aquí, mellor no Numancia e non moverme, sexa cos cadetes, cos alevíns, modestos,.. Cos coñecementos que teño como futbolista, considérome apto para adestrar nestas categorías.

 


Esta temporada 2009/10, Bardanca adestrara ao equipo de cadetes. Ocupámonos agora deste tema.

-          A semana pasada tiveches a presentación cos chavales de cadetes, como afrontas este nova etapa?

-          Temos un reto grande, pois hai unha plantilla curta.

-          En relación cos adestramentos, que lles vas esixir a estes rapaces?

-          Traballo, disciplina e respecto ao club.

-          Tedes planificada a pretemporada?

-          Nesta categoría hai que esixirlles aos rapaces un esforzo físico para que en xuvenís xa cheguen formados. Imos adestradar tres días á semana máis un partido amigable

-          Entendes que o club che facilita os recursos necesarios para adestrar?

-          Si, todo o que eu solicito o teño. Paréceme suficiente o que me presentan.

-          Con respecto á temporada, como ves, de inicio, a competición de cadetes na comarca ferrrolá?

-          De momento, non tiven oportunidade de ver os equipos. Estou considerando a posibilidade de que Dani, o meu compañeiro dirixa algúns partidos para que eu poida ir a ver partidos e observar o nivel que hai na competición ou que vaia el. Será un traballo que levaremos entre os dous. Teño total confianza en Dani porque creo que é un rapaz válido e quero que sexa un ombro a ombro entre os dous.

 

     

  1. FÚTBOL VETERÁN

De todos é coñecida a súa participación na liga de veteráns de Ferrol polo que resultaba inevitable abordar este tema.

-          Como valoras a creación e participación nas ligas de veteráns?

-          Véxoa fantástica porque é unha maneira de matar o “formiguillo” que lle queda a un futbolista.

-          No teu caso, seguirás participando esta nova temporada?

-          Se non adestrara seguiría xogando en veteráns pero como vou adestrar e estou moi ilusionado(xa tiña moitas gañas de levar eu un equipo), decidín que se adestro non xogo.

 

 

Xa no final desta conversa Fran pide que incluamos uns RECORDATORIOS a certas persoas que lembra especialmente: “Non me quería esquecer de moita xente que foi moi importante neste club:

-          Os “Arruxo bois”: unha pandilla de rapaces (Dani Magariños, Pablo) que de repente subiron a Prados Vellos (93) e foron creando, creando ... chegou a haber máis de cen tíos con bombos, gaitas, con camisetas co nome de Arruxo bois, gorras, bandeiras. Era unha xente espectacular, animaban que parecía que estabas xogando no Bernabeu.

-          Caínzos: un señor que, en épocas difíciles para o club, ía a todos os desprazamentos e nos partidos da casa compraba un balón.

-          As mulleres que se xuntaron para procurar cartos para pagar unha débeda que tiña o club.

-          Especialmente de Pedro e de JRP José Redondo, os dous, tristemente desaparecidos.

-          Finalmente, citar a unha persoa que na miña etapa como xogador estivo sempre aí, retireime e aí sigue, en partidos de alevíns, de cadetes, de xuvenís, de modestos, ... Elena Fuentes, a seguidora número un do Numancia.


 E con estes recoñecementos finalizamos esta agradable conversa cunha persoa entregada en corpo e alma ao equipo da súa vila, un home da casa que contribuirá a engrandecer a historia do Numancia.

 

 

 

 

 

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.