Entrevista:PEDRO SÁNCHEZ, “PEDRITO”, ADESTRADOR DOS PREBENXAMÍNS

S.D.R. Numancia de Ares. Entrevista a Pedro. Entrenador Prebenjamientes Temporada 2009-2010.S.D.R. Numancia de Ares. Entrevista a Pedro. Entrenador Prebenjamientes Temporada 2009-2010.Esta segunda entrevista que en principio ía ser con Fran Bardanca, ten coma protagonista a Pedro, (quizás foi a súa velocidade a culpable de que se adiantara a Bardanca), quen vai adestrar por segunda temporada aos prebenxamíns do Numancia.

 

Puntual coma na súa cita co gol, Pedro chegou a Prados Vellos á hora acordada para relatarnos a súa traxectoria futbolística, primeiro tema desta entrevista.


I PEDRO, FUTBOLISTA REBELDE E GOLEADOR


1ª ETAPA


Da súa etapa de formación na que militou no equipo da súa vila, o Numancia, desde a categoría alevín (1985) ata os xuvenís, xogando sempre de dianteiro e goleando, lembra a algúns adestradores: Chemari, Juan, Manolo, Manel, ...

Na súa última temporada como xuvenil, “enfadárame co adestrador e marchara a xogar a fútbol-sala. A falta de seis partidos para rematar a liga galega, acabei xogando no G. Mugardos, que estaba en postos de perigo de descenso. Marcara uns cinco goles e conseguiramos manter a categoría. Estaba de adestrador Manolito.”

Despois desta breve experiencia, e coma estaba sen equipo, Pedro aventurouse no Barallobre onde quedaron subcampións de liga de 2ª rexional e copa.

Na temporada seguinte, cumprido o ano de castigo debido ao mal comportamento que lle impuxera Pedro García, volve ao Numancia onde estará ata a temporada 2001-02.


2ª ETAPA: GOL MÁIS BONITO

O gol máis bonito metíno xogando co Numancia. Xogabamos no campo do Rosalía. Estaba Mahía de porteiro e Jose Mahía de adestrador. Íamos empatados a un gol e ao comezo da segunda parte, no saque de centro que me pasou Beto vin adiantado ao porteiro e tirei”

3ª ETAPA: CAMPIÓNS DE LIGA

“Cos Veiga, na súa primeira temporada no Numancia (1998-99) quedaramos ás portas do título. Acabamos a liga a puntos co Meirás que nos superou no golaverage particular. O Numancia xuntara un bo equipo, recuperando a xogadores coma Manel, Montero, .. Á seguinte temporada, 1999-2000 xa quedamos campións.”

Da primeira temporada na 1ª rexional, 200-01 lembra os partidos contra o eterno rival: ”Outro gol que recordo moito foi xogando contra o Galicia na Pedreira. Levabamos dez anos sen xogar contra eles e non lembro outro partido que houbera tanta xente, nin en 3ª división. Fora espectacular. Teño recortes de prensa no que se aprecia como estaba o campo. Realmente espectacular: a grada repleta, as vallas, ...Gañaramos 0 – 1 e metera eu o gol. Estaban os Veiga de adestradores. No partido de volta tamén gañaramos 2 – 1. O segundo gol metérao de cabeza, que non é o meu forte. Eu considérome un xogador de área, un rematador, preferentemente coa zurda.

E chega a súa explosión coma goleador: “A partir do ascenso foi cando máis goles metín. Conseguín uns trinta goles na temporada 2001-02, aínda que o equipo sufriu para non descender.”

Os que máis me marcaron foron os irmáns Veiga”

Os irmáns Veiga colléronme nun momento no que non tomaba o fútbol moi en serio. Gustábame a carallada. Cando chegaron eles, que coincidiu tamén con que coñecín á que hoxe é a miña muller, empecei a cuidarme máis, a ir aos partidos nas mellores condicións, ... Os Veiga, que acaban de sacar o título, cambiaron o tipo de adestramentos, eran a base de xogos, e romperon coa rutina dos típicos adestramentos aos que estabamos acostumados.

Tiven outros adestradores aos que estou moi agradecido, como a Germán Amil, que apostou por min en 3ª división, pero os que máis me marcaron forons os irmáns Veiga”


4º ETAPA: O VAL E O NARÓN


Despois de dúas campañas en 1ª rexional, chéganlle ofertas de categorías superiores e acepta fichar no Val. Estamos na temporada 2002-03:

“No Val quedamos de terceiros e xogamos a promoción de ascenso a 3ª división. Cando fichei a xente non me animaba moito. Dicían que a onde ía con 27 anos, que xa era vello para ir por aí e que me quedara en Ares. Foi unha experiencia nova para min e que me saiu fenomenal, cheguei a marcar vinte goles na preferente. A final de temporada recibo ofertas de varios equipos de 3ª división, ata puiden ir a un equipo das Canarias”. Finalmente, ficha no Narón.

Temporadas 2003-04 e 2004-05. No Narón, dous anos en 3ª división. “A primeira temporada, con Gemán Amil de adestrador, realizamos un fútbol moi bonito pero chegamos á última xornada en posición de descenso. Para salvarnos tiñamos que gañar nós e que non gañara A Ponte o seu partido contra o Cerceda (por certo, club no que estaba Borja Carballo). Nós comezamos perdendo aínda que ao final conseguimos a vitoria (metín os dous goles). En Ourense, o Cerceda empatou no último minuto. Foi unha xornada emocionante. Durante esta temporada costoume adaptarme á categoría, ademais que empecei xogando en banda. Cando ocupei a posición de dianteiro centro encontreime máis cómodo, acabei con 15 goles.”

A segunda temporada foi máis tranquila, tiñamos máis experiencia e quedamos clasificados no décimo posto. Con xogadores importantes como Carlos Mella e Pablo Rey, Batalla,... O adestrador era Luis Miguel e tiven máis continuidade no equipo. Empezara moi ben, con dez partidos xogados xa levaba once goles.

Reflexiona Pedro sobre o nivel entre as categorías e comenta que quizás notara máis diferenza entre a 1ª rexional e a Preferente, por ex. “a velocidade é outra. En rexional déixanche recibir, dar a volta, ... pero en preferente sempre tes a dous contrarios encima, marcaxes máis férreas, ...”

Pensa que na 3ª división existe moita igualdade e hai que pelexar contra todos os equipos para conseguir o triunfo. “Adestránse moitos dias e alcanzas unha preparación física óptima. Convérteste case en profesional”

Remata a temporada e ten que tomar unha decisión difícil. “Encontrábame ben, conseguindo goles en 3ª división, nunha liga que me encantaba, pero... chegou unha oferta moi interesante desde As Pontes e marchei. Non me arrepinto de ter descendido unha categoría. Primaron outros factores por riba do fútbol.”


5ª ETAPA : AS PONTES

Temporada 2005 -06. Xa no equipo de As Pontes, na primeira temporada consegue 26 goles e o equipo queda na 4ª posición, clasificándose para disputar a fase de ascenso. “As outras campañas foron máis dificiles. A entidade apostou pola canteira e non trouxeron xogadores. Os equipos que están arriba teñen que investir diñeiro para ter xogadores de nivel.”

Desta etapa nas Pontes destaca a disputa da final da Copa da Deputación no ano 2008 contra o R. Ferrol, na Malata: “ Perdimos no último minuto, metinlle un gol a un equipo de 2ª división, comezaramos gañando, ...”



RECAPITULANDO: ALEGRÍAS E DESILUSIÓNS

Na súa traxectoria hai que apuntar o título de liga en 2ª rexional co Numancia.

Pola contra, lamenta as finais de Copa perdidas: “Dúas co Numancia e unha co Barallobre. Perdimos unha contra o Meirás, outra contra o Eume, ... outra final non cheguei a disputala porque tivera un conflito con Ávila, adestrador do equipo, e marchara na metade da temporada, xa non chegara a xogar a final.” Recoñece que era un pouco rebelde: “o fútbol non me importaba moito e nun adestramento enfronteime a Ávila. De resultas, botáronme do equipo.”

Lamenta a inxustiza da final perdida contra o Eume, nun partido que dominaran totalmente e na que lanzara un balón ao poste.

Tamén disputou dúas finais da Copa da Deputación: “Estando no Narón perdimos a final ante o Imperator por 1 – 2, e co As Pontes perdimos co Rácing.” Unha mágoa non poder sumar algún outro título ao seu palmarés.


II. ADESTRADOR


A segunda parte desta entrevista céntrase na súa faceta de adestrador.


- Como resultou a experiencia da temporada anterior adestrando ao Numancia prebenxamín?

- Foi unha experiencia que me gustou. Apareceu a oportunidade de adestrar aos nenos, un pouco por sorpresa, e resultou moi interesante e divertida. Paseino moi ben.

- Tes intención de continuar nesta faceta de adestrador?

- Este ano vou continuar adestrando aos nenos e quero xogar un ano máis. Cando deixe de xogar, a miña intención é obter os títulos de adestrador e nun futuro gustaríame poder adestrar a nenos de máis idade.

Coma adestrador intento transmitirlles aos nenos o meu carácter de gañador. A min gústame gañar sempre e supoño que ás veces berro de máis, pero ... recoñezo que ás veces esixo de máis e que non me decato de que son nenos moi pequenos, ...

- O Numan ten varios adestradores que foron xogadores. Que opinas deste tema: paréceche positivo que os veteráns se involucren colaborando na formación dos nenos?

- Penso que todo o que sexa colaborar na educación dos rapaces é positivo para eles, e teñen que ser un reflexo para os máis pequenos

  • Que obxectivos te marcas para esta próxima temporada?

  • Que gañen máis partidos que o ano pasado, posto que serán de segundo ano e que sigan aprendendo e mellorando e que disfruten

  • Encontraches os recursos necesarios para adestrar no Numancia?

  • Certamente, empecei como adestrador no mellor momento do Numancia en canto a instalacións. Pasei por aquí moitos anos e había que ver como estaba isto. Entrenabamos no espigón, na praia, no pinar, ... en todas partes menos no campo. Agora os cativos veñen a Prados Vellos e teñen unhas instalacións decentes, balóns, non podemos queixarnos do material,

  • En relación aos partidos, como vas facer para conseguir que xoguen todos?

  • Se hai un equipo só, vanse encontrar cativos de primeiro e de segundo ano, sendo estes últimos os que teñen que tirar do carro. Haberá que repartir os minutos entre os de primeiro ano, sabendo que van xogar todos. Ademais, a temporada é moi longa e sempre aparecen enfermidades e despropósitos. Pero está claro que van xogar todos.

  • De que sistema táctico es partidario?

  • En principio, utilicei un 3-2-1 mais con estes nenos de tan curta idade resulta difícil, ás veces, o porteiro non quere xogar de porteiro; o dianteiro chora porque quere xogar de porteiro; non teñen claras as posicións e ademais é positivo que roten para que aprendan a atacar e a defender

Conclúe este apartado deixándonos a un Pedro ilusionado ante a vindeira temporada.


E para rematar, solicitámoslle unha valoración do fútbol base da comarca de Ferrol: “A presenza de equipos coma o Caranza, Portuarios, Narón,... nas ligas galegas, ademais do Rácing, indica que se está traballando ben. Tamén é certo que fan os seus equipos seleccionando os mellores dos outros equipos, que se ven prexudicados. De todas maneiras, penso que sempre e cando un xogador vaia mellorar xogando unha liga de categoría superior, non se lle poden poñer obstáculos. Na base traballamos para sacar xogadores e no futuro, sería bonito que cando algún chegue, p.ex., a un Deportivo, se acorde que empezou no Numancia”


Tras case unha hora de agradable conversa dámoslle as grazas a Pedro pola súa receptividade e, aínda que non nos desvelou en que equipo xogará a próxima temporada, desexámoslle moita sorte na súa andaina coma adestrador.






Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.