CADETES. ADESTRADOR

 DANI: “O NUMANCIA É O EQUIPO DA MIÑA VILA, ONDE ESTÁN OS MEUS AMIGOSADR Numancia de Ares. Daniel Iglesias Montero "DANI". Adestrador cadetes 2011-2012.

Dani Iglesias Montero repetirá esta temporada adestrando aos cadetes aresáns tendo coma colaborador a Oliveira. A presentación será o mércores, 17 de agosto, ás 18.30 h. en Prados Vellos.
 
 
Ares, 10 de agosto de 2011
Dani, unha temporada máis cos cadetes. Era o que querías?
Si, porque levo xa dous anos adestrándoos. É un grupo bo e non quería dar o salto aos xuvenís porque penso que  é unha idade moi difícil .
Vas ter un equipo moi renovado. Como o ves?ADR Numancia de Ares. Daniel Iglesias Montero "DANI". Adestrador cadetes 2011-2012.
Só quedan seis xogadores da temporada pasada e soben doce de infantís. Paréceme que imos formar un bo grupo. Os rapaces que soben xa xogaron moitos minutos en infantís e os cadetes que quedan tamén xogaron moitos minutos. 
Algún obxectivo, en particular?
Non, só intentar xogar ao fútbol.
E que entendes por “xogar ao fútbol”. Poderías explicalo?
Pois, podo resumilo en intentar ter o balón, dominar o partido, non xogar para un xogador só, non depender de ningún xogador, e meter goles.
Cóntanos un pouco a túa traxectoria como adestrador (aínda que es xoven, xa levas unhas temporadas colaborando). Cando comezaches e como foi que deches ese paso?
Comecei cos prebenxamíns hai seis anos. Xogaban a fútbol-7. A min gústame moito o fútbol e naqule ano quedaba esa categoría sen adestrador. Falou comigo un compañeiro, Álex Pérez, e entre os dous fixémonos cargo do equipo durante dous anos.
Como foi esa experiencia?
Ben, pero a min en particular non me gusta o f-7. Gústame velo pero non adestralo.
E logo?
Coas dimensións máis reducidas as tácticas son diferentes e ademais os xogadores aínda son moi cativos.
E despois dos prebenxamíns?
Estiven en infantís con José Juan, tamén dous anos. O primeiro quedamos campións de liga, tiñamos moi bos xogdores coma Edu, Pita, Iván, Carlos, Adán, …
Parece que fuches ascendendo cada dous anos?
Efectivamente, porque despois dos infantís pasei a colaborar cos cadetes: o primeiro ano con Fran Bardanca, e esta última temporada eu só. Resultou unha experiencia máis bonita pero tes máis responsabilidade. É preferible ter outra persoa ao teu lado, para repartir a carga de traballo.
Consideras acertada esta política do club de formar adestradores na casa?
Iso é acertado sempre que dea resultado.
Este ano inscribícheste no curso do Nivel I da Escola de Adestradores, curso que vés de aprobar. Como valoras esa experiencia?Daniel_Iglesias_Montero_3.jpg
Foi positiva aínda que non como esperaba. Moita teoría e pouca práctica. Pero se aprende bastante
Que profesores tiveches e que módulos che resultaron máis interesantes?
Michel Alonso (táctica e técnica):  para min son as mateiras máis interesantes, o que realmente importa no fútbol; Fran Beade (preparación física e anatomía): entende moito pero non me resulta tan interesante; Aullón (primeiros auxilios): daba unha materia curta e a clase era entretida; Jaime Villaverde (sicoloxía e socioloxía, e dirección de equipos): son materias importantes e as clases resultaron moi amenas e participativas); Iglesias Villanueva (regras de xogo): estas clases foron as que máis me gustaron porque se presentaban casos prácticos nos que te decatas de que moitas veces as protestas dos xogadores e mesmo adestradores durante os partidos son inxustas e errróneas.
Entendes que é necesaria esta formación para adestrar aos cativos?
Si son sincero, non. Si que se aprende pero para min vai saber o mesmo o que ten o título que o que non o ten.
Voltemos aos cadetes. Que lles vas pedir?
Compromiso (que veñan a adestrar, puntualidade,) que teñan os pés no chan e que non se crean figuritas
Como definirías ao Dani adestrador?
Autoritario non son, si comprensivo.
Tes algún modelo entre os profesionais?
Para min o mellor é Mourinho (aproveita e saca o mellor dos xogadores); Guardiola, Ferguson,..
Vai colaborar Oli contigo. Xa falastes de como ides repartir o traballo? 
O acordo é recén e quedamos en organizarnos proximamente. Si decidimos que en pretemporada adestraremos tres días máis o partido amigable de fin de semana. Comezamos o mércores, 17 de agosto ás 18.30. Os días de adestramento que comezarán ás 19.00 h. son estes:
Primeira semana: adestramento 17 e 18 ; sábado 20: partido cos infantís
Segunda semana: adestramentos 22, 24 e 26; sábado 27: partido co Miño
Terceira semana: 29, 30 e 1; sábado 3: partido co Mugardos.
Cal é a aspiración na liga?
Aínda que non se coñecen os equipos, esperamos estar arriba.ADR Numancia de Ares. Daniel Iglesias Montero "DANI". Adestrador cadetes 2011-2012.
Comenta o nivel dos equipos ferroláns.
Baixa cada ano máis
Para rematar esta entrevista, Dani, que é para ti o Numancia?
O Numan é o equipo da miña vila, onde xoguei toda a vida, onde están os meus amigos, ...
E como ves a sociedade, actualmente?
Houbo un cambio grande nos últimos anos, desde que dispoñemos do campo de herba artificial tivemos unha mellora substancial. Por outra parte, o Numancia é un equipo onde se dá un trato familiar que axuda na creación dun clima  de convivencia moi grato.
 
Pois ata aquí estas primeiras declaracións de Dani, un aresán que vive o Numancia coma poucos. Rapaces como este son os que aseguran o futuro da entidade.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.