ALEVÍNS. ADESTRADOR

 TAINO: “NON SOPORTO A FALTA DE PUNTUALIDADE”ADR Numancia de Ares. Juan Iglesias Nuñez "TAINO". Adestrador alevíns 2011-2012.

Juan Iglesias Núñez, coñecido por Taino,  e orixinario da Pedreira, retorna aos banquiños do Numancia para dirixir a vindeira temporada a categoría alevín.
 
Ares, 9 de agosto de 2011
Taino, podes resumirnos a túa traxectoria como adestrador?
Empecei nos infantís do Mugardos, cos que quedamos campións de liga e copa, e despois seguín en todas as categorías do club.
Tamén estiven nos modestos do Numancia, e con todas as categorías de pequerrechos, lembro que no torneo que se organizaba en Perlío tamén quedaramos campións co equipo prebenxamín; posteriormente adestrei no Barallobre de primeira rexional e mesmo no Moeche, equipo no que conseguimos o ascenso a segunda rexional.
Cantos anos levabas sen adestrar?
Uns cantos, desde a temporada 2002-03 
E agora, como é que volves?
Pode ser que porque teño moito tempo libre.
E tamén porque che gusta o fútbol, non si?
Bueno, gústame cando estás dentro, cando tes algún papel no campo, como p. ex. sendo adestrador.
Que obxectivos tes marcados para esta temporada?
Que os cativos vaian mellorando algo e logo, xa se verá. O fundamental é o comportamento durante o ano, que se relacionen cos outros nenos e que o pasen ben.
Cando comezaredes a adestrar? Xa en agosto?
Quero comezar cedo, prefiro ter tempo suficiente para ir formando o equipo e para coñecernos.
Como é o Taino adestrador?
Xa non son o de antes, aquel Taino temperamental, que vivía os partidos con moita intensidade, sen parar no banquiño. Agora vexo o fútbol con máis tranquilidade. 
Que Taino van encontrar os nenos?
Hai cousas que non soporto. Se quedamos para comezar a unha hora, a esa hora hai que estar preparados. Non soporto a falta de puntualidade. Eu nunca chego tarde a ningún sitio.
E que máis lles vas pedir?
Que veñan sempre a adestrar e que veñan a pasalo ben.
Consideras o fútbol – 7 unha competición adecuada para estes nenos?
Para estes rapaces, si. O campo é máis reducido e teñen máis contacto co balón, participando por tanto máis no xogo. 
O Numancia, cambiou algo desde a túa etapa anterior, non?ADR Numancia de Ares. Juan Iglesias Nuñez "TAINO". Adestrador alevíns 2011-2012.
Si, agora as instalacións están moi ben
E que material vas pedir?
Necesito balóns, un para cada neno. Iso é primordial. 
Como serán os adestramentos?
Hai que traballar fundamentalmente a técnica: corrección no golpeo, no pase, e o golpeo de cabeza, moi importante.
Cóntanos que días adestraredes
Pois comezamos o martes 16 de agosto. Durante estas primeiras semanas quedaremos polas mañás, ás 11.00 h. Quero comezar adestrando tres días por semana, aproveitando as vacacións dos nenos:
martes, 16; mércores, 17; xoves, 18. 
luns, 22; mércores, 24; xoves, 25.
luns, 29; mércores, 31; xoves, 1.
Ata aquí estas primeiras impresións de todo un veterano do fútbol comarcal que vai colaborar co Numancia, axudando na formación dos nenos. Sen dúbida, un luxo para toda a familia numantina.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.